"Uşak" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • PERSOEIRO

    Escritor. Realizou estudios en Lyon e recibiu a influencia de F. Mauriac. Da súa produción destaca Katorikku Sakka no Mondai (Problemas dun escritor católico, 1949), Shiroi hito (O home branco, Premio Akutagawa 1955), Kiiroi hito (O home amarelo, 1955), Aoi chiisana budo (As pequenas uvas azuis, 1956), Umi to dokuyaku (O mar e o peixe, 1957), Chimmoku (Silencio, 1966), O samurai (1980) e Escándalo (1986). Membro da Academia das Artes, foi presidente do Pen Club (1985-1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político eslovaco. Membro do Comité Central do Partido Comunista desde 1949. Purgado politicamente na década de 1950, foi rehabilitado en 1964 e asumiu a presidencia checoslovaca entre 1969-1989, gobernando dentro da ortodoxia comunista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Zambia e da provincia homónima (982.362 h [1990]), situada na parte oriental das montañas Kafue Flats, no val do río Kafue, afluente do Zambeze. A súa situación xeográfica proporcionoulle un importante crecemento económico e demográfico. É núcleo de industrias fariñeiras e de algodón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Zambia (21.896 km2; 1.207.980 h [1990]). A súa capital é Lusaka.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comida a base de berenxena, cortada en rodelas e fritida, alternada con carne picada e sazonada, de tenreira ou de boi ou dunha mestura de ambas, cocida no forno. É propia da cociña árabe e moi difundida en Turquía e Grecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico xaponés. As súas investigacións sobre o ciclo ovular da muller e sobre a supervivencia dos espermatozoides permitíronlle propoñer un sistema de continencia periódica para impedir a procreación, coñecido como método de Ogino-Knaus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do il homónimo, Anatolia Occidental, Turquía (124.356 h [1997]). É un centro de fabricación de alfombras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il de Anatolia Occidental, Turquía (5.389 km2; 315.950 h [1997]). A súa capital é Usak.

    VER O DETALLE DO TERMO