"UIT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 213.

  • Provocar no ánimo dunha persoa ou animal, irritación, enfurecemento ou ira ata chegar ao límite da agresión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz da Alemaña, casada co Emperador Enrique III (1043). Asumiu a rexencia do Imperio durante a minoría de idade do seu fillo Enrique IV (1056-1062), sendo deposta pola nobreza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade formada por un grupo de guitarristas afeccionados e profesionais que, ao redor do profesor Antonio Uxío Mallo, se xuntaron para tocar e intercambiar coñecementos e partituras. A primeira xuntanza tivo lugar en xaneiro do 1977 en Vigo, á que asistiron 9 persoas, logo consideradas socios fundadores, e en xaneiro de 1978 solicitouse a inscrición da AGG como sociedade legal, aprobada a nivel galego polo Ministerio do Interior en novembro do mesmo ano. Organizouse nunha serie de centros locais (Pratteln en Suíza,Vigo, Lugo, A Coruña, Ourense e Santiago de Compostela) e contou con socios non vinculados a centros locais (Vilagarcía de Arousa, Vilanova, Negreira, Guláns, O Carballiño, Cangas e Tui) e socios correspondentes fóra de Galicia. O conxunto estaba dirixido por un centro coordinador elixido por votación en asemblea xeral anual; as xuntanzas trimestrais e as asembleas xerais do centro coordinador eran rotativas. Iniciou a formación dunha partituroteca e dunha biblioteca guitarrística,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Necrópole celtibérica (ss V-III a C) situada na provincia de Guadalajara. Está composta dunhas 5.000 tumbas de incineración, a maioría en furnas, aliñadas en tres longas rúas e sinaladas por estelas de pedra. Entre os ricos enxovais metálicos achados cómpre salientar a espada de antenas con terminais esféricos máis antiga das coñecidas, peza a partir da cal se estableceu o tipo Aguilar de Anguita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Soberano azteca de Tenochtitlán (1486-1502). Sucedeu o seu irmán Tizoc. Organizou co seu aliado Nezahualpilli, soberano de Culhuacán, unha guerra florida contra Oaxaca e sacrificou 20.000 prisioneiros. Loitou contra os txolules de Puebla e os tlaxcales. Chegou a Guatemala e incorporou Veracruz e Mitla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador galego de mediados do século XIII. Membro da pequena nobreza, participou na conquista de Sevilla (1248) e estivo vencellado á Corte de Fernando III o Santo e ao seu ambiente literario, contactando con outros trobadores galego-portugueses como Bernal de Bonaval, Estevan Faian, Johan Garcia de Guilhade, Johan Soarez Coelho, Pero da Ponte, Pero Garcia Burgalês e Vasco Perez Pardal. Da súa produción poética chegaron ata nós trece composicións, todas elas transmitidas polo Cancioneiro da Biblioteca Nacional e polo Cancioneiro da Vaticana. Considerando a información que proporcionan as rúbricas atributivas dos cancioneiros e mais a Tavola Colocciana, cabería a posibilidade de que unha desas cantigas, “Don Estêvão, eu eiri comi”, fose da autoría de Men Rodriguez Tenoiro. A decimocuarta composición, “Don Estêvão achei noutro dia”, debe adxudicarse máis ben a este último trobador. Todas as cantigas de Vuitoron pertencen ao xénero escarnino: oito...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome dado polos franceses aos nusairitas, habitantes de Siria, cando o país foi ocupado por Francia (1924). Durante o período do mandato francés, constituíao un territorio autónomo.

    2. Membro da dinastía de xerifes marroquís de Tafilelt, fundada por Mawlāy al-Rašid (1660-1672). No 1664 implantouse no Rif e rematou a ocupación do Marrocos (1668-1670) coa conquista de Marraquex. A dinastía, consolidada no 1912 co establecemento do protectorado francés e español (1912) e no 1956 coa independencia de Marrocos, perdura ata a actualidade na persoa do Rei Hassán II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello utilizado para efectuar unha destilación simple, a escala industrial ou de laboratorio. Consta de caldereira, serpentín, condensador, refrixerador e colector. A caldeira é o recipiente no que se vaporiza o líquido e a calor necesaria pode ser provista por contacto directo das paredes do fervedor coa chama (sistema non aplicable na destilación de líquidos inflamables), a través dun serpentín por onde circula un fluído quente, ou ben cun sistema de calefacción eléctrica. O condensador é o aparello onde se licúa, por enfriamento, o vapor producido na caldeira. O tipo máis sinxelo está formado por un serpentín dentro dun recipiente cheo de auga. Para condensacións a temperaturas altas poden ser utilizados serpentíns ou tubos con aletas refrixerados por aire. O refrixerador é o aparello encargado de enfriar o líquido ata unha temperatura que permita recollelo sen risco e sen perdas por evaporación. Na destilación simple, a condensación e o enfriamento...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Destilar na alquitara o bagazo e demais restos do acio de uvas, espremendo ben para obter a augardente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Individuo que pertence ao pobo anaquita.

    2. Pobo que habitaba na parte montañosa de Xudea, cando Israel comezou a conquista de Canaán. Foron exterminados por Xosué e Caleb.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político andaluz. Membro do Partido Comunista de España desde o ano 1972, foi elixido alcalde de Córdoba nos anos 1979 e 1983. No ano 1986, deixou a alcaldía para pasar a presidir a coalición Izquierda Unida. No XII congreso do PCE (1988), foi elixido secretario xeral, cargo que abandonou en 1998 cando o sucedeu Francesc Frutos; malia esa substitución continuou como portavoz de Izquierda Unida no Congreso dos Deputados. Presentou a súa demisión como secretario xeral de Izquierda Unida despois do retroceso electoral da súa formación nas elección locais, autonómicas e europeas do 13 de xuño de 1999, que non lle foi aceptada. En decembro de 1999 foi sustituído, por motivos de saúde, por Francisco Frutos como candidato á presidencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que combate o raquitismo.

    2. Medicamento que combate ou prevén o raquitismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta marroquí. Acadou a plusmarca mundial nas probas de 1.500 m lisos, 5.000 m lisos e 2 millas. Na proba dos 1.500 gañou 39 carreiras seguidas dende 1985 ata 1990. Campión Olímpico (Los Ángeles 1984) e Mundial (Roma 1987) dos 5.000 m. Campión Mundial en pista cuberta dos 3.000 m (Budapest 1989). Medalla de bronce nos 800 m dos Xogos Olímpicos de 1988 (Seúl) e nos 1.500 do Mundial de 1983 (Helsinqui).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión administrativa de Francia que comprende os actuais departamentos de Dordogne, Gironde, Landes, Lot-et-Garonne e os Pireneos Atlánticos (41.308 km2; 2.866.600 h [1995]). A capital é Bordeos.
    Xeografía

    Situada entre o Macizo Central, ao N, os Pireneos, ao S, e o Océano Atlántico ao O, aséntase sobre unha litoloxía calcaria de época basicamente cretácica, a conca de Aquitania. A sinxeleza da súa rede hidrográfica, dominada polo Adour, ao S, e o Garona e os seus afluentes (Tarn, Lot e Dordogne), presenta unha grande homoxenidade que contribúe á identificación da rexión. Aquitania é unha rexión de abundantes recursos agrícolas, favorecida polo seu clima húmido (sobre todo na área litoral) e frío en inverno, e a natureza dos terreos. As Landas atlánticas posúen os bosques máis extensos de Francia. O cultivo de millo está destinado a un vasto comercio de exportación. Os viños de Bordeos ocupan o segundo lugar en importancia en Francia e as viñas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión natural de Aquitania, Francia, situada entre o Macizo Central e a costa Atlántica, entre os Pireneos e o Loira. Está unida á conca de París pola porta de Poitou e ao Languedoc mediterráneo pola de Naurouze. Na área do N os calcarios do Lías superior e do dogger forman altiplanos que nalgúns puntos producen relevos cársticos. No SL, a área de Périgord está formada por calcarios do Xurásico e do Cretáceo que en parte se atopan cubertos por areas terciarias (areas de Perigord). O Garona atravesa a parte central da conca, formando un val moi amplo que deu lugar a cinco niveis de terrazas fluviais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro piso do Mioceno inferior mariño, situado enriba do Oligoceno (Chatiense) e debaixo do Burdigaliense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Aquitaniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a Aquitania.

    VER O DETALLE DO TERMO