"UNE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 232.

  • PERSOEIRO

    Informático. Licenciado na Facultade de Ciencias Exactas e Naturais da Universidade de Bos Aires. A súa ascendencia galega levouno a impulsar unha aplicación tradutora galego-castelán-galego a través do Proxecto Rianxo e do Proxecto Rábade, que propón a aprendizaxe da lingua galega a través de Internet nun curso dirixido especificamente, aínda que non pechado, aos emigrantes. O Proxecto Rianxo conta coa colaboración de navegantes galegos de distintos eidos profesionais (lingüistas, xornalistas, informáticos, etc) e está integrado no grupo de traballo Xis, que promoveu o primeiro navegador galego de Internet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar poboado de abruñeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. abruñeiro.

    2. ameixeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta no fondo da ría de Muros e Noia, pechando polo S a praia da Barquiña, na parroquia de Barro (Noia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto caducifolio de talos e pólas espiñosas que pode acadar os 4 m de altura. Presenta follas ovais e finamente dentadas, e flores brancas e abundantes, que aparecen antes ca as follas. O froito recibe o nome de abruño. En Galicia é propio do sotobosque das carballeiras e emprégase na formación de sebes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario republicano nado na Coruña o 1 de novembro de 1920, que cesou o 26 de xuño de 1922, cando chegaba ao número 86. Fundado e dirixido por Xoaquín Martín Martínez, foi subtitulado “Periódico defensor de los intereses de la capital de Galicia”. Casares Quiroga, Lugrís Freire, L. Peña Novo, M. Lustres Rivas, Alfredo Somoza e Roberto Blanco Torres, entre outros, foron os seus colaboradores. Cebreiro, Rafael González Villar, Ricardo Camino e Crestar, encargáronse das caricaturas e retratos literarios de certas personaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. abruñeiro.

    2. ameixeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador probablemente galego, activo a fins do s XIII, no decenio 1280-1290 posiblemente. Poucos son os seus datos biográficos. O seu nome aparece acompañado nos cancioneiros italianos e na Tavola Colocciana do substantivo clérigo, o que fai pensar nunha persoa de certa cultura, xa que ese termo designaba na Idade Media os homes de letras. Por outro lado, podería identificarse co personaxe ao que Sancho IV -segundo confirma o Registro de Chancelería deste monarca-, concedeu unha certa cantidade de diñeiro no ano 1284, aspecto referido na composición “O meu señor, o bispo, na Redondela ~uu dia”. As súas cantigas de escarnio corroboran a relación do trobador co fillo de Afonso X, pois nelas trata asuntos que aluden a episodios e personaxes do reinado de Sancho IV, de quen Airas Nunez se converte en portavoz, ata o punto de que na cantiga “Desfiar enviaron ora de Tudela” arremete contra as pretensións dinásticas dos infantes De la Cerda. Así mesmo, a fragmentaria cantiga...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Granada, Andalucía, na Hoya de Motril, nunha chaira aluvial (21.472 h [1996]). As fontes de riqueza son a pesca e as industrias de azucre e fariña. É o principal centro turístico da costa de Granada. Foi unha das cidades fenicias máis importantes de Andalucía (Sexi), despois romanizada. Ten importantes xacementos arqueolóxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, traballa como profesora de Lingua e Literatura Galegas. Ata 1994 pertenceu ao Colectivo de Feministas Independentes Galegas (FIGA) e foi unha das promotoras da revista deste colectivo A festa da palabra silenciada. Colaborou en diferentes xornais e revistas con comentarios enfocados dende a ideoloxía feminista e artigos de crítica literaria, boa parte deles centrados na literatura infantil e xuvenil, eido en que tamén destaca como estudosa de temas relacionados co sexismo e coa coeducación, ademais de creadora. Entre os seus títulos cóntanse O rei da nada e outros contos (1988), volume en que se inclúe “O rei da nada”, co que acadou o primeiro premio do concurso de Contos Infantís O Facho (1979), e “A cova da serpe”, co que obtivo o segundo premio en 1980 nese mesmo concurso. Ademais con O rei...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xogador de fútbol. Militou a maior parte da súa carreira deportiva no Real Club Celta de Vigo, dende a tempada 1979-80 ata a 1995-1996, a da súa retirada. Con anterioridade xogou no Club Deportivo Orense, e na 1982-1983 foi cedido ao Racing de Ferrol. Co Celta disputou 311 partidos oficiais (194 na Primeira División e 107 na Segunda), chegando a ostentar a capitanía do equipo. Ocupaba no campo a posición de centrocampista organizador e adoitaba lucir o número 6. O seu maior éxito foi proclamarse subcampión do Campionato de España (Copa da S M o Rei), disputando a final ao Real Zaragoza, en Madrid, a noite do 20 ao 21 de Abril de 1994. O 24 de agosto de 1996, no partido da súa homenaxe, recibiu a insignia de ouro e brillantes do Real Club Celta de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano norteamericana considerada, no repertorio italiano, a sucesora de J. Sutherland. Debutou, por vez primeira, no New York City Opera (1978) e axiña se converteu nunha cantante de proxección internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Teórico e ideólogo da Revolución dos Caraveis (1974) que se alzou contra a ditadura militar na procura dun réxime democrático en Portugal. Evitou unha guerra civil durante o denominado “verán quente” (1975) ao redactar e promover o Documento dos Nove, manifesto que defendía o réxime democrático e o programa do Movimento das Forças Armadas (MFA), máis coñecido co nome de Movimento dos Capitaẽs Avril. Foi membro do Consello da Revolución, ministro sen carteira nos primeiros gobernos revolucionarios e titular de Asuntos Exteriores (1975-1976), en sucesión de Mário Soares, e subdirector xeral da Unesco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe portuguesa que pasou a Galicia e se estableceu na parroquia de Penamaior en Becerreá. Tamén se asentou na vila estremeña de Medellín, en Madrid e en Chile. As súas armas levan, en campo de prata, un carballo de sinople co tronco cargado dun escudiño de ouro con dúas faixas de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade constituída entre os anos 1854 e 1856 polos impresores Xosé A. Antúnez, quen tiña imprenta propia no ano 1846 e que foi editor do Compendio de geografía general de Carlos Somoza, e Núñez Pazos. Imprimiron varios libros e folletos, como a Memoria sobre la industria en Galicia, de González de Zúñiga, en 1854.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e arquitecto de formación. O seu estilo artístico está a medio camiño entre o Expresionismo e o Surrealismo en forma de series que explora baixo múltiples variantes. En 1941 trasladouse a EE UU para ampliar os seus estudos de arquitectura e ingresou no Atelier 17 (1947), onde se formou como gravador con Stanley William Hayter e adquiriu un gran dominio da liña. En 1950, durante a súa estadía en París, iniciouse nas técnicas da pintura ao óleo. Fundou e dirixiu (1955-1963) o Taller 99 de gravado, que foi o xermolo da Escola de Arte da Universidade Católica en 1958. Así mesmo, realizou un importante labor de promoción e divulgación das novas xeracións de artistas. Foi director do Museo Contemporáneo da Universidade de Chile (1961-1964), agregado cultural de Chile en EE UU (1964) e director do Museo Nacional de Belas Artes (1969). En 1985, de regreso...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A gruta do Arago (Taltaüll), de 35 m de longo e 10 de ancho, situada no monte Verdouble sobre a chaira do Rosellón, contén unha importante secuencia estratigráfica datable na segunda metade do Pleistoceno medio (450.000 a C). Dende 1964 forneceu de abundantes materiais arqueolóxicos, salientando os restos faunísticos, diferenciados segundo o nivel da cova de que se trate, en total catro, reflexo das oscilacións climáticas. Dos doce solos recoñecidos nos diferentes niveis da gruta procede máis de medio centenar de restos humanos, na súa maior parte dentes illados, dúas mandíbulas, un cranio e un extremo facial, pertencentes a unha forma serodia do Homo erectus. A industria lítica elaborouse sobre materias primas procedentes dos arredores (sobre todo cuarzo e calcaria); os bifaces, aínda sendo moi raros, están presentes en todos os solos da gruta, do mesmo xeito ca os seixos traballados e os útiles sobre lasca, notablemente máis abundantes. Da interpretación feita por Lumley deste...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Traballou todos os xéneros pictóricos, dende o retrato ata a paisaxe. A súa obra caracterízase por composicións moi sobrecargadas, aínda que nidiamente estruturadas. As súas preferencias cromáticas, que constitúen o cerne da súa abstracción persoal, son vermellos esvaídos, terras, negros e óxidos. Recibiu a medalla de ouro da Bienal Nacional de Pontevedra (1975) e da Bienal Provincial de Pontevedra (1976). A súa obra está presente en diversos museos de Galicia e de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á pesca do atún.

    2. Persoa que vende ou pesca atún.

    3. Barco destinado á pesca do atún.

    VER O DETALLE DO TERMO