"Uceiro" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 43.

    1. Soldado armado con arcabuz. Nun principio pertencía á infantería, pero no s XV apareceron xa arcabuceiros a cabalo. Substituíu progresivamente ao piqueiro.

    2. Fabricante de arcabuces e outras armas de fogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Brens, no concello de Cee, de 292 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que busca auga nos terreos e fai os pozos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Monforte de Lemos. As súas armas levan un buceiro, en campo de azul e sobre un terreo de sinople.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Localizado no concello de Teo, trátase dun dos cruceiros máis antigos de Galicia. De estilo gótico, está asentado sobre un pedestal de tres banzos. O crucificado ten tres cravos, un pano na cintura e unha coroa de espiñas na cabeza sobre a que se atopa un cáliz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xornalista. Emigrou moi novo á Arxentina onde se estableceu na provincia de San Juan. Alí fundou, con outros galegos, a Sociedad Española de Socorros Mutuos, da que chegou a ser o seu secretario. Unha vez establecido en Bos Aires, fundou co seu irmán a Sociedad de Residentes del Ayuntamiento de Forcarey en La Plata (1919). Foi redactor de El Despertar Gallego e director de Galicia e da revista Umia y Lérez. Ademais, foi secretario da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, presidente da ORGA, vicepresidente da Irmandade Galega e da Unión Gallega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Emigrou á Arxentina onde fundou en 1919, xunto co seu irmán, a Sociedad de Residentes del Ayuntamiento de Forcarey en La Plata. Catro anos máis tarde creou a revista mensual desta sociedade chamada Umia y Lérez. Colaborou tamén como asesor literario e xornalista en varias publicacións bonaerenses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Mercou parte das súas rotativas a Benito Pérez Mon, impresor de Lugo, e estableceuse na vila de Betanzos. Nela imprimiu a obra Torre de Hércules, de Xosé Villar Sánchez e o primeiro xornal da localidade, El Censor, xunto con outras publicacións periódicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao traballo ou á obra mal feitos.

    2. Que ou quen fai chapuzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘vertedoiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xogo infantil que consiste nunha cana oca pola que se lanzan pequenas bólas ou grans de arroz, aproveitando o impulso do aire expulsado pola boca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado en Pontevedra na praza Roxelio Lois, tamén chamada das Cinco Rúas, por onde pasa o Camiño de Santiago Portugués. Trátase dun cruceiro e dun peto de ánimas datados en 1733, segundo reza a inscrición situada no fuste. A súa construción debeuse á doazón que fixeron Antonio Gomes e Leonia Domínguez por motivos probablemente devocionais. Nel mestúrase a súa función como esmoleiro, hoxe desaparecida, a decoración tradicional dos petos de ánimas, a imaxinería relativa ao pecado orixinal, nunha escena de Adán e Eva na parte baixa do fuste, e a representación de símbolos que fan referencia á paixón de Cristo. A cruz que se erixe sobre o capitel decórase cunha figura de Cristo e con outra da Virxe acompañada de dous anxos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Talo da col.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe toponímica. Os topónimos homónimos son frecuentes na provincia da Coruña e tamén en Portugal. Remite á voz común couceiro ‘talo da col’.

    2. Liñaxe que trae como armas, en campo de ouro, unha perla de goles, cargada de tres vieiras de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e poeta. Redactor da revista Aturuxo e cronista oficial de Ferrol, publicou traballos de crítica literaria (La Noche, El Correo Gallego, El Norte de Galicia) e os poemas “As illas”, “Resposta ao Nirvana”, “Libro dos mares” e “Palabra agachada” en La Voz de Galicia. Entre outras obras, escribiu: Primeira fase e outras narracións (1999) e Carta de algunas islas y varios ríos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo, pedagogo e poeta. En 1904, ao tempo que estudiaba na Escola Normal de Mestres de Santiago de Compostela (1906-1909), estableceu un colexio na capital do Eume. Rematada a carreira, estudiou o bacharelato. No ano 1910 aprobou as oposicións de maxisterio e pasou a exercer de mestre na Escola Graduada de Lugo, traballo que realizou simultaneamente co exercicio libre do ensino secundario. O seu desenvolvemento persoal e intelectual articulouse ao redor do autodidactismo, a lectura continua e o exercicio da docencia; concibía a educación como un proceso de formación completo que debía abranguer tanto o plano intelectual coma o político, social e ético. En 1917 aprobou, sen pasar pola Escola de Estudios Superiores de Maxisterio, as oposicións para a inspección de ensino primario. Exerceu este novo cargo en Ourense ata 1936. Nesa mesma cidade, ademais de casar con Elisa Pavón Rodríguez, achegouse ao xornalismo e foi redactor xefe do Diario de Orense, e colaborador de La Zarpa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista. Zapateiro de profesión e membro da Confederación Nacional del Trabajo (CNT), foi secretario da Federación Local Obrera da Coruña na década de 1910. Asistiu como delegado ao Congreso da CNT celebrado no Teatro de la Comedia de Madrid (1919). En 1920 foi deportado tralos enfrontamentos sociais acontecidos na Coruña. Coa chegada da Segunda República Española, converteu a súa zapatería nunha cooperativa e ingresou no Partido Sindicalista. Apoiou o Centro de Estudios Germinal, a Antorcha Galaica del Librepensamiento e diversas entidades asociativas coruñesas. Colaborou en La Voz de Galicia e en Solidaridad Obrera. Ao comezar a Guerra Civil foi apresado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro e político. Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos (1978), diplomouse en Dirección Xeral de Empresas (1983) e en Planificación e Administración de Empresas (1985) pola Universidad Politécnica de Madrid. Foi director técnico de Construcións Metálicas José González Gómez (1979-1981) e director xerente de Xestión Urbanística da Coruña SA (1981-1990). Membro do Partido Popular (PP), foi director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS, 1990-1993) e director xeral de Formación e Emprego (1993-1994). Foi conselleiro de Industria e Comercio (1994-1999) e membro do Parlamento de Galicia (1997-1999). Dende outubro de 1999 é presidente da Autoridade Portuaria da Coruña e presidente do Partido Popular da provincia da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo. Docente na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, licenciouse en Letras polas universidades de Navarra e Santiago de Compostela e doutorouse en 1973 (El habla de Feás -anexo 15 de Verba-, 1976). Membro do Instituto da Lingua Galega desde 1971, colaborou con esta institución na elaboración dos métodos Galego I, Galego II e Galego III. Comezou a súa investigación no ámbito da lingua galega con traballos como “Notas etno-lingüísticas en torno a la pesca de río en Galicia (río Mandeo)” (1974) ou “As vocáis e, o en rima na obra de Curros” (1977). Posteriormente, orientou a súa produción científica cara á literatura galega medieval: “Historia de la literatura gallega medieval” (Galicia Eterna, 1988); “Lírica medieval” (Galicia Eterna, 1978); “Un uomo non volgare” (1984), no que destaca o labor desempeñado polo humanista Angelo Colocci na conservación da lírica profana galego-portuguesa; “Cita na illa” (1998), que analiza o motivo poético do encontro dos namorados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Libreiro e editor. Logo de traballar como comercial, comezou co negocio dos libros en 1969, ano no que fundo a Libraria Couceiro. A mediados dos anos setenta, apostou polo libro galego e portugués, e no ano 1982 introduciuse no mercado do libro antigo. En 2001 forman a empresa dúas librerías en Santiago de Compostela, unha delas dedicada ao libro antigo, e outra na Coruña. Como libreiro, promoveu dende 1979 o boletín Bendado, unha publicación bibliográfica do libro galego e portugués. Así mesmo, organizou varias exposicións sobre libros galegos en Portugal (Porto, Lisboa, Aveiro, Braga e Viana) e Suíza (Xenebra e Laussane). Tamén realizou algunhas actividades no mundo editorial, tanto en Edicións do Cerne, da que foi editor, como en Laiovento, da que foi socio-fundador; ademais, participou na fundación de EDIGAL, a primeira compañía discográfica galega, que logo pasou a denominarse Clave Records. Foi presidente da Federación Galega de Libreiros e vicepresidente da Confederación...

    VER O DETALLE DO TERMO