"Weimar" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • PERSOEIRO

    Gran duque de Saxonia-Weimar-Eisenach, fillo do duque Ernesto Augusto II e de Ana Amalia de Brunswick, rexente do ducado logo da morte do duque en 1758. Gobernou persoalmente desde 1775 e converteu a corte de Weimar no primeiro centro intelectual de Alemaña, con colaboradores como Goethe e Herder; ao mesmo tempo, promocionou a Universidade de Jena, onde ensinaron Schiller, Schelling e Hegel. Foi un dos líderes do Fürstenbund, ou Liga dos Príncipes, establecida por Federico II de Prusia para facer fronte a Xosé II. Participou co exército prusiano na guerra contra a República Francesa. Non obstante , unha vez que as tropas de Napoleón conquistaron Weimar, uniuse á Confederación do Rin, formada por todos os estados xermánicos baixo protección de Napoleón en 1806. Pola contra, en 1813 integrou no exército que se sublevara en Prusia contra a ocupación napoleónica. Polo Congreso de Viena (1814-1815), logrou a ampliación do seu estado e o título de gran duque. No ano 1816 concedeu a primeira constitución...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Estado independente alemán, creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e duques de Saxonia en 1556, despois da división en ducados do antigo landgraviato de Turinxia, para Xoán Guillerme I (?-1573), fillo pequeno do elector Xoán Federico I de Saxonia. En 1741 incorporou Marksuhl, Eisenach e Jena e tomou o nome de ducado de Saxonia-Weimar-Eisenach. En 1806 adheriuse á Confederación do Rin, e en 1815 foi erixido en gran ducado de Saxonia-Weimar-Eisenach. Foi membro da Confederación de Alemaña do Norte (1867) e do Imperio Alemán (1871). Desapareceu en 1918 coa proclamación da república. Integrouse no land de Turinxia en 1920.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Turinxia, Alemaña (60.500 h [1990]). Situada na beira esquerda do Ilm (afluente do Saale), é un centro turístico e industrial. Fundouna en 1254 o conde de Orlamünde. Foi capital dos ducados de Saxonia-Weimar (1556) e Saxonia-Weimar-Eisenach (1741-1918). Tras a proclamación da República de Weimar (1918), foi sede da Asemblea de Weimar (1918-1919) e capital de Turinxia (1920-1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asemblea constituínte alemá que se reuniu entre o 6 de febreiro de 1919 e o 21 de maio de 1920, primeiro en Weimar e despois en Berlín. Aceptou o Tratado de Versailles (22 de xuño de 1919) e aprobou a Constitución (2 de agosto de 1919) que instaurou a República de Weimar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    Período da historia de Alemaña que vai desde novembro de 1918 ata xaneiro de 1933. O réxime republicano xurdiu da Asemblea de Weimar, padeceu inestabilidade política (19 gobernos) e tivo que enfrontar as consecuencias da Primeira Guerra Mundial (reparacións de guerra e ocupación da conca do Ruhr por parte de Francia) e da crise económica mundial de 1929. Non puido impedir o ascenso de Hitler ao poder (1933), que supuxo o fin da república.

    VER O DETALLE DO TERMO