"Xacob" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 24.
-
GALICIA
Redactor do xornal Libre Pontevedrés e correspondente de varias publicacións madrileñas. Publicou Análisis de la mujer (1859).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Autor do libro de relatos humorísticos De cómo claudicou Xaquín Quiroga (1927), a comedia en dous actos O camiño e os monólogos Limpa, fixa e da esprendor, representado pola coral coruñesa Cántigas da Terra, e No íntimo, estreado en 1919 na Coruña polo Conservatorio Nazonal de Arte Galega e publicado en 1924. En castelán é autor de La Coruña y su provincia (1930), escrito en colaboración con Ángel del Castillo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Predicador xeral e cronista da Coruña. Publicou Arbol cronológico de la Santa Provincia de Santiago (1922-1927), obra histórica que continuou frei Xoán Antón Domínguez, e Respuesta antiprologética, apologética, cronológica y sumulística al primer libro prologético de la Crónica de la Provincia de San Pablo (1731).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en 1955 polo cardeal Quiroga Palacios co obxectivo de converter Santiago de Compostela nun foco de cultura relixiosa e ciencia eclesiástica. Con axuda do cóengo e profesor do seminario compostelán, Manuel Rey Martínez, o centro organizou varios congresos de ciencias eclesiásticas e estudios xacobeos, amais da publicación da revista Compostellanum, composta por catro fascículos anuais, dous dedicados aos estudios xacobeos e outros dous relacionados coa ciencia eclesiástica. Nun principio esta institución financiouse coas axudas do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), pero despois pasou a depender economicamente da diocese, polo que se reduciu o número de publicacións, congresos e demais actividades. A revista Compostellanum continuou a publicarse con certa regularidade, aínda que diminuíu o número de fascículos anuais e a súa temática centrouse máis nos estudios xacobeos. A este centro de estudios estiveron vinculados eclesiásticos, como Pérez Millán,...
-
PERSOEIRO
Docente e político. Estudiou na Universidade de Oxford e foi profesor de francés e inglés no colexio de primeiro e segundo ensino San Tomé de Aquino de Vigo, dirixido naquel momento por Telmo Rotea Osorno. Foi vogal da xunta local de primeiro ensino e presidente do Casino de Vigo e, posteriormente, alcalde de Vigo no trienio 1881-1884. Pertenceu ao partido fusionista de Eduardo Iglesias. Distinguiuse polo seu apoiou ás escolas públicas. Mantivo contactos coa Institución Libre de Enseñanza (ILE) e no verán de 1883 recibiu en Vigo a visita de F. Giner de lo Ríos e M. Bartolomé Cossío. Dende a ILE mandáronse bosquexos para a construción de grupos escolares e de escolas elementais. Durante o seu mandato, ademais doutras obras como a Alameda e o cárcere novo, rematáronse as obras das escolas do Centro e impulsáronse as do Areal. Ao deixar a alcaldía (1884) intentou crear un centro na cidade olívica, seguindo as orientacións institucionistas, polo que mantivo correspondencia epistolar con Giner.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Matemático. Iniciou a súa carreira militar na Academia de Artillería (1869-1873), pero tivo que abandonala por problemas de saúde cando xa acadara o grao de comandante. Dedicouse ao ensino das matemáticas e dirixiu un colexio preparatorio para o ingreso no exército e na Escuela General de Ingenieros y Arquitectos. Investigou no campo das matemáticas e realizou numerosos traballos que publicou en diferentes revistas, como Gaceta de Matemáticas, El Progreso Matemático, Science, Archiv des Mathematik und Physik e Journal des Mathematiques. Foi membro da Real Academia de Ciencias e da Real Academia Galega, e profesor honorario do Real Instituto de Lisboa e da Universidade Libre de Tempio (Sardeña).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, fillo de Francisco Fernández Sarela. Traballou na catedral de Santiago de Compostela, pintou as súa columnas en 1783. Trasladouse á Coruña, onde realizou diversos traballos de pintura para a colexiata e a capela de San Xosé. Na igrexa de San Nicolao pintou e dourou o retablo colateral de san Lourenzo. Pintou dous dos cadros do Monumento ao Dous de Maio que estaba situado na portería do concello coruñés.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Doutor en Xurisprudencia pola Universidad Central de Madrid, foi catedrático de diversas disciplinas na Universidade de Santiago de Compostela. Pertenceu á comisión encargada de redactar as observacións do claustro da universidade compostelá sobre o proxecto de instrución pública en 1869. Dos seus escritos destacan De los Censos en la Legislación General de España: Indicaciones (1880) e Proyecto que el vogal de la comisión constituida para emitir informe acerca del derecho foral de Galicia, o denominado así, somete como ponente de la misma comisión al juicio de sus ilustrados compañeros (1889). Foi decano do Colexio de Avogados e da facultade de Dereito, reitor da Universidade de Santiago de Compostela, senador real e membro da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor esloveno. Empregou a miúdo o nome latinizado Jacobus Gallus, compuxo misas e moitos motetes. As súas obras son unha síntese de escritura contrapuntística dos franco-flamengos coa escola policoral veneciana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político, marqués de Astáriz. Participou na Guerra de Independecia e apoiou o levantamento constitucional de 1820. Loitou contra as partidas realistas á fronte da Milicia Nacional Activa de Ferrol, e trala volta do absolutismo tivo que exiliarse (1823-1833). Deputado por Galicia (1834-1835), foi comandante militar e gobernador civil de Lugo (1835). Comandante xeneral da praza de Santiago de Compostela (1836), enfrontouse co arcebispo Vélez e co bispo auxiliar.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista, irmán de Antonio María de Parga Puga. Foi reitor do colexio de Fonseca de Santiago de Compostela, ministro de Gobernación (1820), conselleiro de Estado e presidente da Xunta de Fomento de Riqueza do Reino. Foi membro da Real Academia da Historia e do Real e Supremo Consello de Indias. Legou a súa biblioteca á Universidade de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ourive e gravador. Pertenceu a unha destacada familia de artistas composteláns dos ss XVIII-XIX. Como ourive, destacan as súas figuras de san Xosé e santa María Salomé do relicario da catedral de Santiago de Compostela. Autor de numerosos gravados, como a estampa da Purísima Concepción; ilustrou as Sinodales do bispo Gil Taboada e decorou o libro Arte de reloxes... (1757) de P. Manuel del Río.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Catedrático de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, foi director de Diario de Galicia e El Ideal Gallego. Gobernador civil de Lugo (1923-1930), fundou a Federación Católica Agraria e presidiu a Unión Regional de Federaciones Católicas Agrarias. Escribiu Orientaciones Regionalistas (1918).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede da forma remota hebrea Ya’aqôbh, que no libro da Xénese é o fillo de Isaac e Rebeca, que naceu en parto duplo despois de Esaú. Na Biblia interprétase como derivado de ‘âquebh ‘calcañar’, porque ao nacer agarraba coa man o calcañar de seu irmán, e por etimoloxía popular asociouse á raíz ‘âqab ‘suplantar’, porque Xacob suplantou a Esaú na primoxenitura. Aínda así, o máis probable é que se trate dun nome teofórico que contén a raíz ‘qb ‘protexer’, co significado de ‘Deus protexeu’. Na tradución grega da Biblia o nome do personaxe do Antigo Testamento foi traducido como Iάκωβος, e de aí o latín Iacob, do que vén o galego Xacob.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Patriarca de Israel, fillo de Isaac e xemelgo de Esaú. Comproulle ao seu irmán o dereito de primoxenitura e fíxose bendicir polo pai na ausencia do primeiro. Marchou a Mesopotamia, fuxindo da ira do seu irmán, onde gardou o gando de Labán. Despois da loita cun anxo recibiu o nome de Israel. A súa festividade celébrase o 5 de febreiro.
-
PERSOEIRO
Emperador de Haití (1804-1806). De nome Jean-Jacques Dessalines, era escravo en Santo Domingo e axudou a Francia durante a guerra de liberación de Haití (1804). Ao proclamarse a independencia (1804) foi gobernador xeral e nomeouse emperador. Foi derrocado e morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo de orixe hebrea, asociado ao nome do patriarca bíblico Xacob, aínda que a súa evolución parte do nome dos dous apóstolos que, na tradución latina do Novo Testamento, aparece baixo a forma Iacobus. Presenta a variante Xacobo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Apóstolo Santiago e ao seu culto.
-
-
Relativo ou pertencente ás teorías de K. G. J. Jacobi.
-
Aplícase á matriz que, dada unha función vectorial de diversas variables reais, f:U0O m DO n , que fai a asignación f:x = (x 1 ,...,x m )Df(x)=(f 1 (x),...,f 2 (x)), está formada polas derivadas parciais da función, é dicir, matriz que ten como elementos J ij =∂f i /∂x i . OBS: Tamén se denomina xacobiana dunha función.
-
Aplícase ao determinante da matriz xacobiana dunha función, cando esta matriz é cadrada. Emprégase a notación J = D(f 1 ,...,f n ) / D(x 1 ,...,x n ). OBS: Tamén se denomina xacobiano dunha función.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría política dos xacobinos. Foi a tendencia política radical e extremista da burguesía, que se caracterizaba pola súa defensa acérrima da democracia formal. Tivo como consecuencias o antimilitarismo social e o individualismo fronte aos abusos de poder estatal.