"Xaime" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 39.
-
PERSOEIRO
Logo de traballar no eido do teatro infantil e xuvenil, exerce a crítica teatral no xornal Faro de Vigo dende 1982.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ilustrador e deseñador gráfico. Como ilustrador publicou Onnameya (1980), Maxina ou a filla espúrea (1987), O Pergameo de Elir (1989), O conto da boa e da mala pipa (1996), Dous máis dous (1998), Camiño de fantasía (1998), Claudina volveu (1998), A brétema (1999), a Colección Sol e Sombra (2004), Sorrisos e boa colleita (2008) e PIC-NIC (2011). A súa actividade artística abrangue tamén a pintura e o gravado. A súa obra expúxose na sala La Fábrica de Allariz (1996) e na exposición colectiva Ars Saliniensis, celebrada en Cambados en 1998.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Madrid. Pretendente carlista á coroa de España co nome de Xaime III, fillo do pretendente Carlos María das Dores de Borbón e Autria-Este. Fixo estudios militares en Austria, ingresou no exército ruso e participou na guerra ruso-xaponesa (1904). Ao morrer o seu pai (1909), proclamou os seus dereitos á coroa de España e reorganizou o Carlismo. En Catalunya tivo numerosos partidarios, denominados jaumins. Durante a Primeira Guerra Mundial foi partidario dos aliados e estivo confinado en Austria. En 1918 publicou un manifesto no que desautorizaba os carlistas partidarios dos alemáns, feito que motivou a escisión carlista denominada como tradicionalismo, dirixida por Juan Vázquez de Mella. En 1931, proclamada a República española, pactou con Afonso XIII o traspaso da solución do preito dinástico á solución dunhas cortes representativas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote. Doutor en Arqueoloxía Cristiá e profesor, estudiou a carreira eclesiástica no Seminario Diocesano de Lugo e ordenouse sacerdote en 1958. Trasladouse a Roma e estudiou no Pontificio Istituto de Archeologia Cristiana. Dende 1977 foi profesor no Seminario Diocesano de Lugo. Foi comisario artístico do patrimonio arqueolóxico e histórico de Lugo (1983), asesor cultural da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico-Artístico de Lugo (1985) e desde 1987 pertence ao grupo Francisco de Moure de Ourense. Colaborou, entre outras publicacións, en Brigantium, Lucensia, Boletín del Seminario Fontán-Sarmiento, Boletín del Museo Provincial de Lugo e Rivista di Archeologia Cristiana. Participou na redacción do Inventario Arquitectónico de Lugo y su provincia (1975-1983). Entre outras obras, escribiu La crucifixión de la iglesia del Hospital de Incio: una muestra de arte indígena paleocristiano de Galicia (1987), El camino francés de Santiago en su tramo lucense (1993),...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Realizador de televisión. Profesor de Comunicación Audiovisual e Publicidade na Universidade de Vigo, xefe de realización e edición de informativos e deportes da TVG e coordinador do departamento creativo de deseño gráfico da TVG. Licenciouse en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela (1995) e doutorouse en Comunicación Audiovisual na Universidad Complutense de Madrid (2000). Ademais da realización de diferentes eventos electorais, informativos, musicais e deportivos, encargouse da produción publicitaria da TVG, da Radio Galega, do grupo R, e da firma de moda Roberto Verino. Galardoado cos premios Op-Art ao mellor programa da TVG por A tumba aberta (1987); TP ao mellor programa musical por A toda máquina (1988); e Agapi á mellor produción de televisión por Chambo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Estudiou filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Madrid. Foi lector de lingua e literatura españolas na Universidade de Kiel e de Frankcfurt, e colaborou en Grial, Compostellanum e Boletín de Estudios Gallegos. Da súa produción destaca España en Rilke (1966), Rilke e San Agustín (1966), Antología poética de Rainer Maria Rilke (1968), La leyenda de las once mil vírgenes, sus reliquias, culto e iconografía (1991), Arribadas de normandos y cruzados a las costas de la Península Ibérica (1999) e Estudios histórico-legendarios de tema jacobeo en su vinculación con Alemania (1999). Recibiu o Premio Internacional Rainer Maria Rilke (1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. A súa pintura lembra o postimpresionismo con tendencias cara ao cubismo. Nas súas obras tratou de buscar a expresividade formal das texturas. Emprega as cores planas e a ausencia de perspectiva. Realizou exposicións individuais e participou en mostras colectivas en Galicia, Portugal e Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto e publicista. Foi arquitecto municipal de Baiona (1968-1973) e asesor técnico da Universidade de Vigo (1994-1998). Defensor do patrimonio arquitectónico, conseguiu a declaración de Ben de Interese Cultural da antiga estación de ferrocarril e do antigo Pazo de Xustiza de Vigo. Das súas obras destaca o complexo parroquial dos Padres Capuchinos de Vigo. Mostrou as súas fotografías arquitectónicas nas exposicións Arquitectura modernista, Vigo 1900-1920 (1980) e Castelos de Galicia (1995). Formou parte da xunta de goberno do Colexio de Arquitectos e presidiu a comisión de Cultura. Foi membro fundador do Instituto de Estudios Vigueses e do Instituto de Estudios Tudenses. Colaborou na sección de arqueoloxía do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento. Foi coautor de Vigo 1900-1920, arquitectura modernista (1980), Manuel Gómez Román, mestre da arquitectura galeguista (1995) e Vigo, arquitectura urbana (2000); e autor de Fortalezas de la antigua provincia...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político, economista e editor. Foi doutor e catedrático emérito en Dereito e Economía da Empresa, profesor no Colexio Universitario de Vigo e na Universidade de Santiago de Compostela. Nos seus tempos de estudante integrouse na Asemblea das Irmandades da Fala da Coruña e participou na creación do Grupo Autonomista de Vigo. En 1934 foi un dos fundadores da Federación de Mocedades Galeguistas (FMG) e formou parte do Seminario de Estudos Galegos. Foi secretario técnico do Partido Galeguista (PG) na clandestinidade. Liderou a Unión Democrática de Galicia (1975) que en 1976 foi unha das creadoras do Partido Popular Galego (PPG), do que foi presidente. Pertenceu a Acción Católica e foi un dos fundadores da Editorial Galaxia, da que é o seu presidente, da revista Grial e da editorial SEPT. Dirixiu a Revista de Economía de Galicia e a Revista Galega de Estudios Agrarios. Membro do padroado da Fundación Penzol, presidiu o Instituto Galego de Estudios Económicos e foi fundador...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre e avogado. Cronista oficial da vila de Sarria, foi autor de diversos traballos de investigación histórica sobre a Terra de Sarria. Da súa produción destacan O trasno da cervela e Santa María Madalena de Sarria (1996). Recibiu o Pedrón de Ouro no IV Certame Nacional Galego de Narracións Breves Modesto R. Figueiredo (1978) polo relato curto As augas toldas (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar e filántropo, marqués de San Martiño de Ombreiro. Foi coronel de artillaría. Presidiu a Academia Provincial de Bellas Artes (1901-1922), e promoveu a creación do Museo Provincial e das Escolas Populares Gratuítas na Coruña. Foi membro da Real Academia Galega (1905).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar e pintor. A carreira militar impediulle dedicarse exclusivamente á pintura ata 1946. Dedicouse ao retrato e ás escenas de interior, aínda que tamén cultivou a paisaxe, a figura e o bodegón. Traballou preferentemente o óleo. Destacan Playa de Puentedeume e Muchacha cosiendo. Acadou a terceira medalla na Exposición Nacional de Bellas Artes de 1950.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Iniciouse na fotografía co seu irmán Xosé en Ourense e formou (1899) unha pequena e breve sociedade cinematográfica con Xosé Gil, con quen realizou diversas exhibicións en Celanova, Verín, Braga, Porto e Lisboa. Asociouse en Vigo (1907) co estudo fotográfico de Cándida Otero, viúva de Filippo Prosperi. Co falecemento desta (1915), a galería Viuva de Prosperi-Pacheco pasou a ser de propiedade exclusiva de Xaime. Moitas das fotos realizadas por Filippo e Cándida foron posteriormente utilizadas por Pacheco, que continuou o catálogo de retratos e vistas da cidade que iniciara o fotógrafo italiano. Colaborador gráfico de Faro de Vigo, ABC, Blanco y Negro, Vida Gallega e, sobre todo, de El Pueblo Gallego, especializouse en retratos de estudo de xente anónima ou de persoeiros, como Carlos Maside, Ramón Cabanillas, Luís Seoane, Martínez Garrido ou A. Castelao, co que se converteu nun dos máis destacados de Vigo e de Galicia. O seu traballo, realizado cun amplo equipo...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante e humorista. Colaborou en diversas publicacións como Blanco y Negro, La Esfera, Faro de Vigo, Galicia de Orense, Nós e La Zarpa. Cultivou o linóleo. Nas súas obras amosou a influencia de C. Sobrino Buhigas e Castelao. Publicou Grabados en Linoleum (1927) e Cartones de Burgos (1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor, fillo de Xaime Quessada e María Jesús Blanco Piñeiro. A súa pintura, próxima ao expresionismo abstracto, empregou un colorido exultante de tonalidades intensas e agresivas que o aproximou ao informalismo. Os seus espazos, imaxinarios e practicamente virtuais, reflicten unha atmosfera apocalíptica que consegue co emprego de patróns perforados, que permiten a superposición de cores. Os seus acabados son case industriais, xa que emprega lacas e cores metalizadas. Da súa obra destaca Blade Runner II (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xaime Quessada.
-
GALICIA
Artista plástico e escritor. De nome Xaime Quesada Porto, comezou a pintar de neno e iniciou a súa formación na Escola de Artes e Oficios de Ourense. Estudou na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando en Madrid (1956-1960), cidade onde entrou en contacto co grupo Acento. Obtivo unha bolsa para acudir á escola de paisaxe de El Paular (Segovia) e recibiu a medalla de ouro en paisaxe polas obras Beso e Tierras (1959). Partidario do internacionalismo da arte, empregada como medio de expresión cultural e compromiso social, iniciou, desde a década de 1960, a súa particular busca de novas formas de expresión, en Europa e Norteamérica, que derivaron na mestizaxe estética característica das súas obras. Cubismo, expresionismo, surrealismo, naturalismo, simbolismo, suprematismo, futurismo, orfismo, hiperrealismo ou academicismo foron algúns dos infinitos estilos que aplicou nas...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico, político e escritor, pai de Xaime Quintanilla Ulla. Formado na Universidade de Santiago de Compostela, instalouse en Ferrol en 1917, onde abriu unha clínica de cirurxía. Defensor do galeguismo e do socialismo, foi membro da Irmandade da Fala de Ferrol e asinou o Manifesto da I Asemblea das Irmandades da Fala (1918). Militou no PSOE desde 1920 e foi alcalde de Ferrol coa chegada da Segunda República en 1931. Apartado da alcaldía despois dos sucesos de outubro de 1934, retornou ao concello como concelleiro en 1936. Participou na reunión dos concellos galegos celebrada o 3 de xullo de 1932 en Santiago de Compostela, foi membro e vogal do Comité Central de Autonomía de Galicia (1932), director de El Correo Gallego e fundou e dirixiu a colección Céltiga. Colaborou en diferentes publicacións e dos seus escritos destacan a comedia dramática Alén (1921), a novela curta Saudade (1922) e o drama Donosiña, estreado en 1920. Morreu paseado xunto con outros...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e político, fillo de Xaime Quintanilla Martínez. Doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e titulado en Graduado Social. Membro do PSdeG-PSOE, foi alcalde de Ferrol (1979-1987). Foi académico numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, e correspondente das academias de medicina de Murcia, Santa Cruz de Tenerife, Oviedo e Madrid. Colaborador de La Voz de Galicia, escribiu El complejo mundo del suicida (1994). Recibiu a Medalla de San Raimundo de Peñafort, a cruz ao Mérito Naval e a cruz da Orden Civil de Sanidad.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Alcalde de Redondela durante tres lexislaturas (1979-1991) e desde 1999, e senador electo por Pontevedra na V lexislatura (1993-1996), foi vicepresidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, secretario xeral da agrupación local do PSdeG-PSOE de Redondela e presidente da agrupación comarcal de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO