"arse" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 50.

  • Nome común de calquera dos sales dobres que se denominan metaarsenito-acetato na nomenclatura sistemática, é dicir, que conteñen os anións AsO2- e CH3 COO. O máis importante é o acetoarsenito de cobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘confesarse’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da métrica grega que designaba a sílaba ou sílabas breves, elementos non caracterizados do pé, cos que se regulaba o ritmo do verso. Posteriormente, ao desaparecer a cantidade vocálica en favor da intensidade, a arse pasou a ser a sílaba na que recae o acento rítmico. Os músicos actuais, especialmente os teóricos do canto gregoriano, volveron á primitiva significación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Depósito de armas e municións.

    2. Establecemento marítimo militar, situado nun porto, que consta de estaleiros, talleres e almacéns nos que se constrúen, reparan e equipan barcos de guerra, así como os seus aparellos, provisións e armamento. Está instalado en posicións estratéxicas e normalmente forma parte dunha base naval.

    3. Conxunto numeroso de cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • O arsenal militar de Ferrol pódese considerar o núcleo fundacional da cidade porque a súa edificación supuxo movementos migratorios considerables. Sede da Mariña española, naceu en tempos de Filipe V (1726). O monarca tiña o obxectivo de crear uns estaleiros estatais para a construción dos buques da armada. No ano 1728 construíuse o primeiro estaleiro na enseada da Graña, trasladado despois ata a enseada do Esteiro. Durante o reinado de Fernando VI desenvolveuse unha forte expansión do sector naval propiciada polo ministerio do marqués da Ensenada, quen no ano 1748 presentou ao monarca a Representación, onde daba conta da urxente necesidade de crear en España unha infraestrutura básica de arsenais para poder soster unha guerra defensiva tanto nos territorios peninsulares como nos americanos. O 11 de xullo de 1747 o marqués da Ensenada ordenou que se crease en Ferrol un arsenal con capacidade para albergar sesenta navíos de liña e con chanzos para a construción naval. Proxectáronse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidruro de arsénico que se obtén pola acción da auga sobre o arseniuro cálcico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal do ácido arsénico. Coñécense tres tipos: M<H>I</H>H2AsO4, M<H>I</H>2HAsO4 e M<H>I</H>3AsO4 que son os sales mono-, di- e trimetálicos, que se obteñen por oxidación dos arsenitos. Todos os arseniatos son extremadamente tóxicos. Empréganse na industria, especialmente na estampación de tecidos, en medicina veterinaria e en agricultura como insecticidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao arsénico; que contén arsénico.

    2. Substancia de aplicación terapéutica que contén arsénico na súa molécula. Os compostos arsenicais poden divididirse en dous grandes grupos: os minerais e os orgánicos. Entre os arsenicais minerais están o triioduro de arsénico (AsI 3 ), do que se obtén unha solución, o licor de Donovan, empregada no tratamento dalgunhas dermatoses; o trióxido de arsénico, que se usa para fins medicinais en forma de solución, denominada licor de Boudin. Os arsenicais orgánicos poden ser acíclicos como o arrenal (metilarsonato disódico) e os cacodilatos de sodio e de ferro empregados nos estados de desnutrición e anemia; son menos tóxicos ca os arseniais dun anel bencénico, como o atoxilo (sal do ácido arsanílico), e os de dous aneis bencénicos, como a arsfenamina e neoarsfenamina.

    3. Insecticida preparado a base de arseniatos de chumbo e calcio con auga e melazas.

    4. Cebo empregado para atraer moscas, formigas, lesmas, caracois, etc, preparado con arseniato e arsenito sódicos principalmente, empregado antigamente.

    5. niquelina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intoxicación aguda ou crónica causada polo arsénico ou polos seus derivados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento de número atómico 33 e peso atómico 74,9216, con propiedades metálicas e non metálicas. Pertence ao grupo VA da táboa periódica (cuarto período) e ten valencias -3, +3 e +5. Os sulfuros de arsénico naturais xa se empregaban na Antigüidade clásica como pigmentos e medicamentos, pero a primeira obtención do elemento atribúeselle a Alberte o Grande cara ao 1250. O arsénico existe en tres estados alotrópicos cristalinos: o arsénico gris, chamado tamén arsénico metálico, que é o único estable; o arsénico amarelo e o arsénico negro, sen contar diversos estados amorfos non tan ben definidos. O arsénico pode ser preparado por quentamento da arsenopirita ao abrigo do aire ou ben reducindo con carbón o trióxido. A purificación faise por sublimación. As aplicacións directas do elemento arsénico son poucas e consisten esencialmente na fabricación de aliaxes con cobre e chumbo, ás que lles dá dureza e resistencia ante a corrosión. Cando é moi puro...

    2. Dise dos compostos de arsénico nos que este é pentavalente.

    3. Ácido ortoarsénico que se obtén por ebulición do trióxido de arsénico con ácido nítrico concentrado. Emprégase na obtención de materias colorantes orgánicas; e os seus sales, os arseniatos, como insecticidas e na fabricación de vidro.

    4. Arsénico tetraatómico obtido por condensación rápida de vapores de arsénico a resgardo da luz. As súas propiedades físicas son as dun non metal. É un redutor enérxico e a luz ultravioleta transfórmao en arsénico gris.

    5. É o máis importante dos compostos de arsénico, formado por combustión do elemento. Existe nunha forma amorfa e en dúas formas cristalinas, unha cúbica (octaedros) e outra monoclínica (prismas). As solucións acuosas son lixeiramente ácidas e ao engadirlle as bases dan os arsenitos. Os oxidantes transfórmano en pentóxido e os redutores en arsénico metálico. Industrialmente obtense ao torrar arsenopirita e purifícase por sublimación. É extremadamente tóxico e moi perigoso porque é inodoro e insípido, de feito, empregouse moito con fins criminais. As principais aplicacións industriais son: a fabricación do vidro (descoloración e opalinización) e a obtención do arsénico elemento e dos outros compostos arsenicais. Emprégase tamén como raticida e insecticida; para a preparación de baños destinados a eliminar os parasitos do gando; en esmaltes cerámicos; en pirotecnia; na conservación de peles e na industria téxtil. En dermatoloxía emprégase como cauterizador e en odontoloxía para destruír...

    6. Ten aspecto metálico aceirado e conduce a calor e a electricidade como os metais. É pouco abundante na codia terrestre (0,0005%); sen embargo, con frecuencia aparece dispersado e cunha ubicuidade sorprendente. Non se adoita encontrar en estado puro, senón que sempre aparece aliado con outros metais e acotío formando sulfuros dobres ou simples. O arsénico gris é moderadamente reactivo; neste sentido, en frío non se altera exposto ao aire seco, sen embargo, recóbrese dunha película de óxido se o aire é húmido. Así mesmo, atácano os halóxenos e en quente combina co xofre; os ácidos non oxidantes e os álcalis non o atacan, aínda que o ácido nítrico e o ácido sulfúrico quentes disólveno e dan, respectivamente, pentaóxido e trióxido.

    7. Forma alotrópica metastable do arsénico obtida por sublimación do arsénico gris nunha corrente de hidróxeno e con arrefriamento lento dos vapores. 

    8. Pos moi tóxicos que se obteñen torrando a arsenopirita. Emprégase na industria do coiro e como pigmento e raticida. O mineral natural é o realgar.

    9. arsenamina.

    10. Sólido delicuescente e velenoso que se obtén por deshidratación térmica do ácido arsénico a 200°C. Emprégase como substancia de partida na fabricación de arseniatos para insecticidas e para obter colorantes.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que practica a arsenicofaxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hábito de inxerir arsénico, conscientemente e sen intención de intoxicarse, para estimular a vitalidade do organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén arsénico, especialmente os minerais, compostos, terreos, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome procedente do latín Arsenius, e este do grego Arsenios, derivado de arsen ( ἄ ρσην) ‘masculino, viril’. Levaron este nome varios santos como, por exemplo, santo Arsenio o Grande (s V), de Roma, preceptor de Arcadio, fillo do Emperador Teodosio e santo Arsenio de Exipto (s III), mártir en tempos do Emperador Decio. A súa festividade celébrase o 19 de xullo, o 6 de xuño e o 14 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise dos compostos de arsénico nos que este é trivalente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sesquióxido de arsénico, As2O3. Cristaliza no sistema cúbico e preséntase en masas brancas pulverulentas a formar pátinas sobre minerais de arsénico en descomposición, principalmente na arsenopirita. Ten dureza 1,5 e peso específico 3,86-3,88. Emprégase na fabricación de raticidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal do ácido arsenioso. Coñécense deste os sales mono-, di- ou trimetálicos. O arsenito cúprico emprégase como pigmento co nome de verde de Scheele; o arsenito de cobre forma, co acetato do mesmo metal, o verde de Schweinfurt, empregado en pulverización como insecticida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto de arsénico cun metal, por exemplo, coa fórmula M3iAs ou M3As2. Os arseniuros obtéñense quentando unha mestura dos seus constituíntes e descompóñense pola acción dos ácidos diluídos liberando arsina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prefixo de orixe grega que se emprega na composición de palabras relativas ao arsénico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • arsfenamina.

    VER O DETALLE DO TERMO