"bari" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 101.

  • Termo musical que designa a mestura de varios elementos na execución instrumental de corda frotada; este efecto prodúcese, xeralmente, cando unha mesma nota se toca de xeito alterno en dúas cordas, unha pisada e outra ao aire

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oz cun timbre próximo ao de barítono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira cooperativa constituída para o cultivo, elaboración e comercialización de viño Albariño, situada en Sisán, concello de Ribadumia (Pontevedra). Foi fundada en 1975 por Daniel Casalderrey. A súa única e primeira etiqueta é Don Bardo, viño clásico da subcomarca do Salnés, dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas, elaborado exclusivamente con uva Albariño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito en drupa do albaricoqueiro, de polpa carnosa, xeralmente amarela, e de pel máis ou menos alaranxada, veluda, cunha fenda lateral sinalada. Consómese ao natural, empregado na elaboración de marmeladas e licores, ou comercializado seco, en forma de orellóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore de ata 6 m de altura, de orixe asiática, de follas cordiformes e dentadas, enroscadas cando son novas en forma de cornete. As flores, brancas ou rosadas, aparecen antes ca as follas; o froito é o albaricoque. É propia de solos secos e pedregosos. Cultívase como árbore froiteira na Europa meridional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río que nace no monte da Castiñeira (a 300 m de altitude), da confluencia do río Baña e Faílde; atravesa as parroquias da Baña e Barcala, do concello da Baña, onde recibe as augas do río Nantón, e a de Covas, no concello de Negreira, alí conflúe co río Barcala na Agra da Barca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. De cor branca.

    2. Relativo á uva e ao viño do mesmo nome.

    3. ariedade de uva branca que produce o viño do mesmo nome. Non está clara a súa procedencia, existindo distintas interpretacións, que van dende considerala como unha variedade autóctona galega, ata que foi traída dende a Borgoña francesa, no s XI, por Raimundo de Borgoña, o home de dona Urraca de Castela. Este acostumaba a gozar das augas termais de Caldas de Reis. A hipótese máis estendida, apunta a que formou parte da bagaxe inmigrante dos monxes de Cluny, cando, alá polo s XII, recalaron no Salnés, sendo moi probable que dende o mosteiro da Armenteira, no monte Castrove, se estendera o seu cultivo por todo o val. Calquera que sexa a orixe desta variedade, o certo é que xa aparece catalogada no s XVIII, especialmente nas Rías Baixas e nas terras inmediatamente interiores, entre os vales do Ulla e do Miño, estendéndose o seu cultivo río arriba, ata a comarca do Ribeiro e arredores, xa con menor presencia. O hábitat natural desta variedade céntrase no ecosistema atlántico (topografía suave,...

    4. Tamén recibe este nome popularmente o viño branco, amparado pola Denominación de Orixe Rías Baixas, elaborado exclusivamente con uva albariña, sobre todo na comarca do Salnés, pero tamén, por extensión, os outros viños amparados pola mesma denominación nos que o 70% é uva albariña e, o 30% restante, treixadura e outras; na comarca do Condado a uva é loureira; e outras, na subcomarca do Rosal (Baixo Miño). É un viño aromático, cunha boca xeralmente ampla e complexa e cun bo retronasal. A mediados dos anos 70 o Albariño empeza a ser obxecto dun crecente interese, pois o seu prestixio entre os consumidores empeza a rebasar o nivel dos entendidos, o que se debe en parte á Festa do Albariño, que se celebra en Cambados dende 1953, que inclúe unha cata e na que participan, co fin de enxalzar o viño albariño, famosos personaxes do mundo da cultura, da política e dos medios de comunicación. Ao seu redor xurdiron outros acontecementos locais, ademais de...

    5. silveira.

    6. albariño francés

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Albariño histórico, elaborado e comercializado por Bodegas do Palacio de Fefiñáns pioneiro no etiquetado. Entrou no mercado no 1928, sendo premiado xa na Exposición Internacional de Barcelona de 1929-1930. Elaborado exclusivamente con uva Albariño, responde ás características dos viños da subcomarca do Salnés, dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas. A adega está dirixida por Juan Gil González Coreaga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Castro Caldelas. Outro apelido relacionado con esta caste é Albarizal. As súas armas levan, sobre campo de azur, unha alvariza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colesterina extraída do ámbar gris, do que é un dos principais constituíntes. Emprégase en perfumería.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ámbar.

    2. Que é semellante ao ámbar, que ten o seu aspecto ou cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor e investigador da literatura portuguesa e hispánica. Doutourouse na Universidad de Madrid en 1928 cunha tese sobre Francisco de Quevedo. Ampliou os seus estudios nas universidades da Sorbona e de Berlín e acudiu como profesor convidado a diversas universidades de Europa e EE UU (Cambridge e Lisboa). Foi académico honorario da Real Academia Española e en 1991 recibiu o Premio Príncipe de Viana. Os seus estudios literarios centráronse particularmente na época do Humanismo, na literatura do s XVII e na poesía medieval. Estreouse cun ensaio anovador sobre o Erasmismo que obrigou a reconsiderar a tese de Marcel Bataillon Erasmo y España. Non tivo menos repercusión no eido doutrinal o seu libro La España imaginada de Américo Castro. Entre as publicacións dedicadas á literatura portuguesa destaca a súa obra Estudios portugueses e a edición da Comédia Eufrosina de Jorge Ferreira de Vasconcellos. Ademais, abriu novos camiños no coñecemento de Gil Vicente,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que foi coñecido o Magreb, especialmente durante a Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos pobos bárbaros. SIN: bárbaro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de quen ou do que é bárbaro. SIN: atrocidade, barbarie, crueldade.

    2. Dito ou feito absurdo, imprudente ou excesivamente atrevido. SIN: barrabasada, desatino, disparate, temeridade.

    3. Erro ou equivocación importante. SIN: barrabasada, burrada, disparate, necidade.

    4. Expresión groseira, insultante ou que soa mal.

    5. Cantidade excesiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado do que é bárbaro, que presenta inferioridade ou falta de civilización. O concepto de barbarie (ou o seu afín pobo bárbaro) foi introducido por Llewis H. Morgan no seu estudio Ancient Society (A sociedade antiga, 1877). Segundo el, o estado de barbarie era unha fase intermedia entre o estado salvaxe e o estado civilizado; na barbarie o home domina xa unhas técnicas elementais: fai lume, domestica animais, constrúe edificios rudimentarios, etc. Este esquema, desenvolvido por Engels, sobre todo en Ursprung der Familie, des Privateigentums und des Staates (A orixe da familia, da propiedade privada e do estado, 1884), foi seguido no s XX por científicos como Gordon Childe no seu ensaio Social Evolution (A evolución social, 1951). A connotación pexorativa deste termo explica que a Antropoloxía e a Socioloxía estiveran relegadas.

    2. Brutalidade ou crueldade extrema. SIN: bestialidade, salvaxismo.

    3. Carencia de cultura, modais, instrución, etc. SIN: incultura, rusticidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. icio da linguaxe que consiste en pronunciar ou escribir mal as palabras (faltas de ortografía, acentuacións incorrectas, derivacións erróneas, etc), por exemplo, o uso do verbo explosionar (un artefacto) no canto da voz estoupar; ou mesmo pode consistir no emprego dun termo cun significado ou uso que non ten (deformado, inventado, etc), como pode ser a utilización do termo fallo co significado de ‘sentencia’ ou ‘veredito’ dun xurado, etc.

    2. Palabra ou expresión tomada ou adaptada dunha lingua estranxeira. Cando o estranxerismo foi asimilado e adaptado ao sistema da lingua, adoita tomar o nome de préstamo lingüístico. O uso do termo barbarismo e a distinción do de préstamo non son claramente satisfactorios dende un punto de vista lingüístico. En calquera caso, trátase de fenómenos que deben ser considerados dentro da óptica máis ampla da interferencia lingüística.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Introducir barbarismos na lingua.

    2. Tornarse bárbaro alguén ou algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua africana adscrita á familia nilo-sahariana, subgrupo nilótico oriental. Fálana 400.000 persoas en Sudán.

    VER O DETALLE DO TERMO