"corón" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 45.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Historia dos reinos da Coroa Aragonesa do historiador aragonés Jerónimo Zurita. Dividida en 30 libros, os 20 primeiros conteñen a historia da Coroa de Aragón dende o s VIII ata o fin do s XV. Os outros 10 forman a Historia del rey Fernando el Católico. A primeira edición é do 1562, que suscitou fortes polémicas. Está considerada como unha das obras fundamentais da historiografía catalano-aragonesa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Vasilīj Grigorjevič Voskresenskij.
-
PERSOEIRO
Político. Foi ministro de Asuntos Exteriores de Honduras en 1843 e presidente da República (1845-1847). Durante o seu mandato, desenvolvéronse dúas guerras, unha civil e outra exterior con El Salvador, por mor do apoio de Honduras ao xeneral Malespín na súa tentativa de ascenso ao poder. Ao seu regreso ao país, despois do desterro que sufriu durante a presidencia de Juan Lindo, ocupou diversos cargos na administración.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘cigarro’.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, drenado polo río Guadiana (2.513 h [1996]). A base da súa economía é a agricultura (cereais, arroz e tabaco) e a gandería lanar. Fundado no s XIV pola orde de Alcántara, foi poboado a partir de épocas máis tardías. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de San Bartolomé (s XVI) e as ermidas de Santa Ana e Nuestra Señora de la Piedad, coñecida tamén como Santa María del Zújar.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Forma castelá correspondente ao apelido galego Coroado.
-
Liñaxe natural do lugar de Cornado, en Touro, na comarca de Arzúa. Estendeuse por Castela, onde fundou unha nova casa, e logo pasou a terras americanas. A rama galega trae como armas escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuartel, en campo de azul, con cinco flores de lis de ouro, postas en aspa; segundo e terceiro cuartel, en campo de ouro, cunha bandeira de goles. Algunha variante leva, en campo de goles, un león rampante de ouro, faixado de goles; bordo de azul, con oito flores de lis de prata. Outros empregan, en campo de goles, un león rampante de ouro, coroado do mesmo metal; bordo de ouro, con oito flores de lis de azul.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Baía do Pacífico, Costa Rica, entre a punta Quepos e a punta Llorona.
-
PERSOEIRO
Poetisa. A súa casa de Madrid foi centro de reunións literarias e refuxio de liberais, sobre todo trala Revolución de 1866. Residiu en diversas cidades do estranxeiro e, posteriormente, retirouse a Lisboa. Aos 13 anos escribiu a oda La Palma, loada por Espronceda. Logo editou a primeira edición de Poesías (1843). A súa poesía é prebecqueriana e de tema xeralmente amoroso, como a balada “El amor de los amores”. Tamén escribiu teatro, novela e recordos de viaxe.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á coroa.
-
-
Relativo ou pertencente ao óso coronal.
-
óso coronal
óso frontal.
-
sutura coronal
Sutura articular localizada entre o óso frontal e os dous parietais.
-
-
Aplícase aos sons que se producen coa coroa da lingua elevada con respecto á posición neutral. Os sons non coronais son os que se producen coa coroa da lingua en posición neutral. N. Chomsky e M. Halle inclúen nas coronais as consoantes dentais, alveolares e palato-alveolares e as vocais retroflexas. Os restantes sons son non coronais. Os sons coronais son, unhas veces apicais, e outras predorsais.
-
-
-
Disposto en forma de coroa.
-
-
Aplícase a unha estrutura anatómica que presenta unha disposición circular.
-
Aplícase a cada unha das dúas arterias que saen da aorta ao nivel das válvulas sigmoideas, dispostas en forma semellante á dunha coroa arredor do corazón. Irrigan a víscera cardíaca, de xeito que a súa obstrución ocasiona graves trastornos no miocardio.
-
Aplícase ao paciente afectado dunha cardiopatía, especialmente do tipo ateromatoso.
-
enfermidade coronaria
Trastorno cardíaco orixinado por unha subministración insuficiente de sangue por parte das arterias coronarias que provoca, fundamentalmente, unha isquemia do miocardio. A causa máis frecuente é a arteriosclerose.
-
ponte coronaria
Anastomose vascular cirúrxica aortocoronaria, na que un enxerto de vaso sanguíneo ou un tubo de material plástico fai de ponte entre a aorta e a arteria coronaria, eludindo o segmento vascular obstruído ou estenosado. Tamén se coñece como bypass coronario.
-
unidade coronaria
Área dun hospital especialmente equipada para o tratamento intensivo dos enfermos afectados de enfermidades coronarias como infarto de miocardio ou arritmias graves.
-
-
Rama do tronco celíaco destinada a irrigar a parte inferior do esófago e a curva menor do estómago.
-
Dobra do peritoneo que une o bordo posterior do fígado ao diafragma.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
coronografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
irus que ten como material xenético moléculas de ARN dunha soa cadea e no que os virións, de 80 a 130 nm de diámetro, presentan unha envoltura externa lipídica e unha serie de expansións polipeptídicas que lles dan un aspecto coroado. Pertencen a este grupo os virus que orixinan o arrefriado común.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Embutido elaborado con cabaza, arroz, costela picada e carne.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Réxime militar instaurado en Grecia tralo golpe de estado do 21 de abril de 1967, promovido polos coroneis Georgios Papadopoulos e Stylianos Pattakos para evitar a presenza de ministros comunistas no goberno grego. A ditadura, malia a substitución de Papadopoulos por Dimitrios Ionanides en 1973, prolongouse ata 1974. Logo de apoiar un golpe de estado en Chipre, que desembocou na invasión turca da parte setentrional da illa, o goberno ditatorial entrou en crise e foi substituído por un goberno de salvación presidido por Karamanlis, quen liderou a transición cara á democracia. Durante ese período, no que se suprimiron as liberdades civís e os dereitos políticos, desatouse unha dura represión sobre os militantes comunistas e instituíse a censura. En 1975, trala proclamación da República e a aprobación da nova Constitución, os líderes da ditadura foron xulgados.
-
-
Nos ss XVI e XVII, coroa heráldica.
-
Coroa realzada con follas de acanto, apio, flores de lis ou cruces patentes, que serve para timbrar escudos de armas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de xudeus segovianos que, unha vez convertidos ao cristianismo en 1492, adoptaron o apelido Coronel. Paulo Coronel (Segovia 1480 - 1534) foi teólogo e catedrático en Salamanca, e un dos autores da versión latina da Biblia políglota realizada por Cisneros. Fernán Pérez Coronel (Segovia? - 1493), co nome xudeu de Abraham Senior, foi rabino e financeiro. Ocupou durante moitos anos o cargo de arrendador maior dos impostos da Coroa de Castela e financiou, xunto con Ishaq Abravanel, a guerra de Granada. Foi bautizado solemnemente en Guadalupe con diversos membros da súa familia e apadriñado polos reis Isabel e Fernando, dos que recibiu unha hidalguía e un rexemento en Segovia. O seu fillo, Šĕlomó Senior adoptou o nome de Juan Pérez Coronel (?-1505). O seu irmán, Íñigo López Coronel (? - Osuna 1522) foi rexedor de Segovia, participou nas Comunidades de Castela e foi desterrado a Osuna. A súa...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe aragonesa que se estendeu por Galicia, Castela e Andalucía. As súas armas levan, en campo de goles, cinco aguias de prata, postas en aspa; bordo de azul, con oito flores de lis de ouro. Outra variante trae, en campo de goles, cinco aguias de prata, postas en aspa, a do centro coroada de ouro; bordo de prata con sete flores de lis de azul.
-
-
-
Oficial superior que ten o grao máis elevado nos exércitos de terra e aire, por riba do tenente coronel. Ten o mando dun rexemento, dun aeródromo ou base aérea, ou equivalente. Esta denominación empregouse nos exércitos casteláns e aragoneses de Fernando II. A partir do s XVI, os oficiais maiores dos tercios e rexementos dos diversos exércitos europeos recibiron, ademais do nome de mestre de campo, o de coronel, que se xeneralizou en Francia coa reorganización do exército de Luís XIV e que imitou en España Filipe V (1704). A súa divisa está formada por tres estrelas de oito puntas situadas no puño da casaca, na ombreira, no peito ou na gorra.
-
Cargo militar da armada semellante ao do exército de terra que se corresponde co de capitán de navío.
-
coronel xeneral
Mando superior de determinados corpos dos antigos exércitos de Francia e España. En Francia, o cargo de coronel xeneral, ben de infantería ou ben de cabalería, eliminouno Luís XIV e volveuno crear Napoleón, cunha categoría inmediatamente inferior á de mariscal, e perdurou ata 1848. Desde 1705, os directores xenerais dos corpos de artillería e de enxeñeiros dos exércitos borbónicos de España tamén se denominaron coroneis xenerais. No exército de Rusia existe o grao de coronel xeneral, inmediatamente inferior ao de mariscal.
-
-
Cónxuxe do coronel ou da coronela.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela publicada por Gabriel García Márquez en 1961. Trátase, ante todo, dunha novela política que reflicte a realidade colombiana do momento: a violencia, a inxustiza e a opresión cotiás a través de alusións e detalles puntuais, nunca mediante a denuncia explícita. Presenta a existencia difícil dun coronel retirado, sumido na pobreza, marxinado por unha atmosfera política opresora e contraria á súa ideoloxía, e agoniado pola enfermidade da súa muller, coa que vive a última etapa do amor. Ex-combatente da Guerra dos Mil Días (1899-1902) no bando liberal, a súa vida redúcese desde entón á espera da carta, que non chegará nunca, que confirme a pensión prometida aos veteranos de guerra. A acción transcorre nunha vila tropical no norte de Colombia, ao longo de tres meses, aproximadamente entre outubro a decembro de 1956. Céntrase na tentativa do coronel de superar as dificultades económicas, gastando o escaso diñeiro que lle queda en adestrar un galo de pelexa propiedade do seu defunto fillo...
-
PERSOEIRO
Político, escritor e xurista. Doutorouse en Madrid en Dereito (1862). Pertenceu ao partido demócrata e no 1863 marchou a Francia perseguido por conspirar contra Isabel II. Regresou a Madrid (1868) e foi membro da xunta revolucionaria do distrito centro, oficial do ministerio da Gobernación e deputado das Cortes Constituíntes por Mondoñedo (1869). Colaborou, entre outros, nos xornais El Látigo, La Democracia, La Discursión, El Pueblo e El Programa, e foi un dos fundadores de El Porvenir (1856). Foi coautor de Estudios sobre el derecho político: constituciones vigentes de los principales estados de Europa y América, precedidos de una reseña histórica de los mismos (1863). Escribiu Breves nociones de la historia de España (1862).
VER O DETALLE DO TERMO