"li*" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

  • En certos xogos de cartas, dúas ou tres cartas do mesmo número.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doce típico catalán, crocante e seco, elaborado con fariña, ovos, azucre, améndoas ou outros froitos secos machucados e, normalmente, tamén con pel de limón e canela. En primeiro lugar, dáselle á pasta forma de barra aplanada; unha vez cocida, córtase e vólvese meter no forno para que cada porción se torre intensamente. Tamén se denomina bufat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Locución latina que significa ‘caso de guerra’ e que se aplica a un feito que pode provocar a ruptura entre dúas nacións e causar a guerra, ou motivo ou pretexto que se manifesta para unha declaración de guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Motivo decorativo baseado en figuras humanas deformes e caricaturescas ou en seres monstruosos en posición de danza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPEC Xénero teatral orixinario de Kerala, unha ampla área situada no SL de India, que presenta todos os trazos característicos das artes escénicas orientais, onde música, danza, canto e teatro se mesturan para dar lugar a espectáculos de gran riqueza cromática, plástica, musical, xestual e corporal, na maioría dos casos baseados en episodios e fragmentos de textos relixiosos como o Ramayana, o Mahabharata ou os Puranas. O xénero comezou a coller pulo no s XVII, como unha síntese entre diversas tradicións, entre as que destacan outros xéneros como o Kutiyattam, o Krishnattam e o Ramanattam, segundo parece por causa do Maharajá de Kottayam, que desexaba contar cunha tradición teatral propia, diferente e mellor ca as que se practicaban en áreas veciñas. A historia contida en cada espectáculo transmítese por medio de cantigas, pois os actores non falan, senón que ilustran a acción por medio do movemento, a expresión xestual, sobre todo coas mans, e a mímica facial, e os espectáculos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produto volcánico formado por fragmentos de lava, redondeados ou irregulares, dun volume entre o dunha ervella e dunha noz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de lonxitude de valor moi variable, comprendida entre 575 e 671 m, que se emprega en China.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo swahili ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo swahili.

    3. Pobo mixto e islamizado que habita as costas orientais de África, entre Somalia e Moçambique. Sen ningunha unidade étnica que ligue os distintos grupos bantús que habitan estas rexións, o nome de swahili refírese sobre todo á lingua.

    4. Lingua bantú do phylum níxer-congo que se fala na costa oriental de África, en Tanzania (Tangañika e Zanzíbar) e Kenya, onde é lingua oficial, en Uganda, xunto ao inglés, e en territorios da República Democrática do Congo. Escrito primeiramente en caracteres árabes, a partir do s XIX foron introducidos os caracteres latinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira parte da sentenza latina medieval vox populi, vox Dei, ‘voz do pobo, voz de Deus’, que se usa para afirmar a verdade dunha opinión ou dun xuízo, aceptados en todas partes.

    VER O DETALLE DO TERMO