"mita" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 106.

    1. Título ou dignidade de abacómite.

    2. O tempo de exercicio dese cargo.

    3. Territorio baixo a xurisdición dun abade ou abade laico que posuía o título de conde, o cargo exercíao o abaconde.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pertencente ou relativo ao adamismo.

    2. Persoa que vai núa a imitación de Adán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arsenio de zinc hidratado, Zn2AsO4(OH). Cristaliza no sistema rómbico, a miúdo en forma de pequenos cristais reunidos en drusa, de exfoliación perfecta, incoloros ou de cores diversas. Ten unha dureza de 3,5 e peso específico 4,3-4,5.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inversa á impedancia, é dicir, a relación entre a intensidade e a tensión nunha corrente alterna. Mide a facilidade coa que esta corrente recorre un condutor ou un circuíto determinado, baixo o efecto da fem aplicada. A súa unidade é o siemens. Chámase tamén condutancia aparente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Un dos principais bodhisattva do budismo mahāyāna. Segundo a tradición, Amitabha prometeu que non accedería á beatitude final ata a salvación de todos os seres. Reina en Occidente nun paraíso ou país puro no que só se entra coa fe e a entrega a Amitābha. Esta doutrina, que se explica na popular sūtra, Sukhāvatī Vyūha, estendeuse por China, onde se mesturou inicialmente co taoísmo e onde o Amituo se representa en forma de figura sobre a fronte de Guanyin (Avalokite’s-vara). Foi introducida en Xapón a partir do século XII; os seus seguidores (Jōdo mon) dividíronse en diversas sectas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Hungría (1205-1235). Fillo de Béla III (morto en 1196), disputoulle a Coroa a seu irmán máis vello Eimerico (morto en 1204) e prevaleceu sobre o seu fillo Ladislau III (morto en 1205). Adheriuse á quinta cruzada, pero non tardou en se retirar por mor das súas diverxencias co Rei de Xerusalén e, en consecuencia, do fracaso do ataque ao monte Tabor (1217-1218). Favoreceu á nobreza en detrimento do poder real (doazóns territoriais, Bula do ouro do 1222).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Annam ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Annam.

    3. Lingua monosilábica de seis tons falada en case a totalidade do territorio do Vietnam por uns 38 millóns de persoas. É a lingua máis importante do grupo de linguas viet-muong, rama da subfamilia mon-kmer da familia de linguas austroasiáticas. Os seus numerosos dialectos difiren entre si relativamente pouco. A lingua estivo moi influída polo thai e, tamén, polo chinés, debido ao feito de ser o chinés lingua de cultura do Vietnam ata fins do s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao antisemitismo.

    2. Persoa partidaria do antisemitismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor inglés. A pesar de que as súas figuras están exentas de carácter realista, a súa obra trata o ser humano, polo xeral en grupo e mediante a plasmación esquemática das extremidades, propoñendo unha misteriosa intuición do volume. Entre as súas obras destaca Grupo andando (1951) e Pandarus 8 (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oxicloruro de cobre hidratado, de fórmula Cu2 (OH)3 Cl. Cristaliza na singonia rómbica. Preséntase en agregados ou en grans nas areas. É de cor verde, translúcida, de resplandor vítreo e de boa exfoliación. Ten dureza 3-3,5 e peso específico 3,74-3,78. Opticamente é biaxial negativo. Aparece comunmente asociada coa cuprita e a malaquita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Reino de Axum ou aos seus habitantes.

    2. Literatura etiópica escrita en dialecto ge’ez, da época do reino de Axum.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Belén ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Belén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido de bismuto, de fórmula Bi2O3·3H2O. Forma láminas hexagonais delgadas ou masas terrosas, produto da alteración do bismuto e da bismutina. É de cor amarela como a palla ou gris verdosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido de aluminio hidratado, de fórmula AIO(OH). Mineral constituínte das bauxitas e lateritas. Cristaliza no sistema rómbico, en cristais brancos. Ten unha dureza de 3,5-4 e un peso específico de 5.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao SO de Sevilla (62,55 km2; 4.950 h [1996]). A súa economía baséase na agricultura (oliveira e vides) e na gandería ovina e porcina. No termo está a ermida de Nuestra Señora de Cuatrohabitan, edificada sobre unha antiga mesquita almohade da que se conserva o minarete.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de calcio e manganeso, de fórmula CaMn(SiO3)2. Preséntase en cristais triclínicos formando agregados radiados, dunha cor vermella agrisada. É unha variedade cálcica da rodonita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade magnetopolar da magnetita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resina que se extrae dunha árbore subtropical da especie Styrax officinalis, empregada como incenso en Oriente Próximo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás calamitáceas.

    2. Fento da familia das calamitáceas.

    3. Familia de fentos arborescentes da orde das equisetais, propia dos períodos Devónico, Carbonífero e Permiano, que deixaron un importante rexistro fósil e contribuíron en boa parte á orixe da hulla. Algunhas especies acadaban ata os 30 m de altura e máis de 1 m de grosor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos camitas.

    2. Denominación obsoleta de carácter étnico derivada de Cam, a quen se atribuía a súa ascendencia, aplicada orixinariamente a algunhas poboacións norteafricanas. Incluía os pobos bérberes, nilóticos e cuxitas e, segundo algunhas clasificacións, os chadianos, fulbes e mesmo hotentotes.

    VER O DETALLE DO TERMO