"soviet" (Contén)
Mostrando 13 resultados de 13.
-
REPUBLICAS
Antiga república autónoma da República Socialista Federativa Soviética Rusa (RSFSR), URSS, situada ao N do Cáucaso. Constituída en 1936, disolveuse por orde de Stalin en 1944, cando os seus habitantes foron acusados polas autoridades soviéticas de colaboración co nazismo, e restableceuse en 1957, trala rehabilitación promovida por Khruščov. Despois da disolución da URSS en 1991, Chechenia proclamou a súa independencia, polo que os inguxos solicitaron a creación dunha república federal separada da dos chechenos, aprobada polo goberno ruso en marzo de 1992, feito que motivou numerosos conflitos para delimitar as fronteiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política que tiña como nome orixinal Kommunističeskaya Partija Soveckogo Sojuza (KPSS). Ten a súa orixe na Unión para a Loita pola Emancipación da Clase Obreira, fundada por Lenin en Peterburgo en 1895 e que en 1898 se transformou no Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso (POSDR). O programa e estratexia que Lenin impuxo no POSDR provocou a división entre bolxeviques e menxeviques. Despois de asumir todos os poderes debido á Revolución Rusa, o sector bolxevique do POSDR adoptou o nome de Partido Comunista de Rusia (marzo de 1918), que en 1952 cambiou polo de Partido Comunista da Unión Soviética. Un dos seus primeiros obxectivos foi a transformación da Revolución Rusa en revolución mundial, e con este fin, en marzo de 1919, constituíuse a Terceira Internacional ou Komintern. O ascenso dos réximes autoritarios obrigaron ao abandono desta política e á adopción da política do “comunismo nun só país”, sustentada por Stalin, secretario xeral do partido desde 1922. Despois da morte...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conflito armado entre Polonia e a URSS suscitado por unha cuestión de fronteiras entre ambos os dous países, que non quedaran fixadas no Tratado de Versailles (1919). Polonia invadiu Ucraína (abril-maio de 1920), pero o contraataque das forzas soviéticas fixo recuar as tropas polacas ata as proximidades de Varsovia (xuño-xullo). Os polacos, xunto coa axuda do estado maior francés, pasaron novamente á ofensiva a mediados de agosto e fixeron retroceder aos soviéticos máis alá do Bug e do Nemunas. O 12 de outubro asinouse o armisticio e o 18 de marzo de 1921 o Tratado de Rīga, polo que se fixaron as fronteiras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos consellos obreiros creados durante a Revolución de 1905, contra o réxime zarista ruso. Renaceron coa Revolución de Outubro de 1917 e convertéronse en auténticos órganos de poder, controlados polos bolxeviques baixo a dirección de L. Trockij. Constituíronse como asembleas políticas lexislativas e, organizadas a escala local, dotáronse dun comité executivo central (Soviet Supremo) que os coordinaba. Elixidas para un período de cinco anos por sufraxio universal, as candidaturas eran únicas e designadas polo Partido Comunista Ruso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máximo órgano político da URSS a partir de 1936, en que residían os poderes executivo e lexislativo. Ademais dun Soviet Supremo para cada república da federación, existía un Soviet Supremo Federal, composto por dúas cámaras ou asembleas (o soviet das nacionalidades e o soviet da unión) renovables cada catro anos e con igualdade de poderes.
-
SEMANARIOS
Semanario comunista, editado a partir de maio de 1931 nunha imprenta do Carballiño, aínda que a súa distribución se facía integramente en Ourense. Publicáronse 23 números e nas súas páxinas colaboraron coñecidos dirixentes do PCE ourensán, como o militante da FETE-UGT, Luís Soto, o poeta Xosé Gómez del Valle ou o médico Antonio Fernández Carnicero.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Relativo ou pertencente a un soviet.
-
Membro dun soviet.
-
-
-
Relativo ou pertencente á antiga URSS ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da antiga URSS.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de sovietizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fase da Segunda Guerra Mundial (1941-1945), que enfrontou a URSS, coa axuda dos aliados, ao Terceiro Reich, sostido polas potencias do Eixe, que rematou coa vitoria soviética.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado en Moscova (22.8.1939) pola URSS e Hitler, polo que se establecía un compromiso mutuo de non agresión e unha limitación das zonas de influencia de ambos os dous estados. Este pacto deixou as mans libres a Hitler para atacar Polonia, o que desencadeou a Segunda Guerra Mundial.