"trona" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 37.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Derivado mononitrato do naftaleno que se obtén por reacción dunha mestura de ácidos nítrico e sulfúrico con naftaleno, a 50°C. Emprégase na fabricación de colorantes e produtos intermediarios de síntese.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización fundada no ano 1960 en París. Depende da Federación Internacional de Astronáutica e está encargada de organizar as actividades científicas da Federación e da publicación da Acta Astronáutica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade con sede en Barcelona dedicada principalmente á promoción e divulgación da astronáutica. Foi fundada no 1953 como sección da Sociedade Astronómica de España e América, posteriormente converteuse nunha entidade independente. Publica o boletín Astronáutica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade de científicos e técnicos dedicados á tecnoloxía aeroespacial e materias afíns, con sede en Nova York. Fundada no ano 1963 como resultado da fusión da American Rocket Society e do Institute of Aerospace Sciences. É a asociación máis importante dedicada á astronáutica. Entre as súas publicacións destacan: Astronautics and Aeronautics, AIAA Journal, Journal of Aircraft e Journal of Spacecraft and Rockets.
-
-
Pousarse nun asento con toda a comodidade estirando os brazos e as costas.
-
Situarse nunha posición socialmente cómoda ou actuar dun xeito despótico no exercicio dun cargo público.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que tripula unha astronave. É necesario que os astronautas sexan adestrados para aumentar a súa resistencia nun medio fisioloxicamente hostil (falta de gravidade e aceleracións, principalmente). Deben ir revestidos do chamado escafandro espacial, unha especie de habitáculo illado e impermeable construído ao redor do seu corpo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de ciencias e tecnoloxías aplicadas ao estudo e ao desenvolvemento da locomoción de máquinas polo espazo extraatmosférico, como tamén á súa explotación científica, militar ou comercial. O único sistema para propulsar un vehículo polo espacio, á parte da hipotética vela solar, é o do motor foguete. Unha astronave obedece ás leis da mecánica celeste: se o camiño seguido é pechado e repetitivo chámaselle órbita e ao vehículo satélite artificial, mentres que se ten un punto inicial e un final, chámase astronave ou sonda cósmica, segundo estea tripulado ou non e o camiño é unha traxectoria. A técnica de voo utilizada consiste en situar o vehículo fóra da atmosfera, proporcionándolle unha compoñente de velocidade tanxencial á Terra. As velocidades (primeira velocidade, 7,73 km/s; segunda velocidade, 11,2 km/s; terceira velocidade 16,1 km/s) non deben ser demasiado elevadas mentres se atravesa a atmosfera, co fin de evitar un quentamento aerodinámico excesivo, nin deben ser obtidas mediante...
-
-
Relativo ou pertencente á Astronáutica.
-
Persoa versada en Astronáutica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dunha nave espacial (Apolo XIII, Soyuz I), cápsula espacial (Voyager), lanzadeira espacial (Challenger, Columbia, Discovery) e aparatos semellantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ehículo tripulado que se despraza polo espazo extraatmosférico e que se sitúa na órbita celeste. A astronave, a diferenza da aeronave, concíbese como un elemento que serve para desprazarse por un medio onde reina o baleiro case absoluto, e seguindo unha traxectoria que corresponde normalmente a unha cónica. As astronaves están propulsadas por foguetes que lles proporcionan unha velocidade suficiente para fuxir da atracción gravitatoria da Terra. Para aterrar nun astro desprovisto de atmosfera como a Lúa a astronave debe frear a velocidade mediante foguetes posteriores. De volta á Terra, fáiselle perder velocidade á astronave e o reingreso na atmosfera efectúase case tanxencialmente para que a freada sexa máis suave. O descenso final efectúase con paracaídas. O compartimento destinado á tripulación debe levar todos os servicios necesarios para obter un medio adecuado á vida dos astronautas durante os días que dure a súa misión. A lanzadeira espacial substituíu á astronave pola súa maior...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen atrona.
-
-
Estremecer a alguén cun ruído forte.
-
Facer perder os sentidos a alguén mediante un estrondo.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de periodicidade semanal aparecida ao redor de 1910 na Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Pontedeume baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de destronar.
-
-
Desposuír a alguén do trono quitándolle o seu poder.
-
Desposuír a algo ou alguén da súa posición preeminente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hormona segregada pola mucosa intestinal dos mamíferos baixo o estímulo que supón a chegada de substancias graxas ao duodeno. Inhibe a mobilidade e a secreción gástricas e regula o paso do quimo ao duodeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hormona pertencente ao grupo dos estróxenos, considerada unha das principais, é a responsable da proliferación da mucosa uterina e intervén no ciclo menstrual, xuntamente coa proxesterona e outras hormonas da hipófise. Prodúcese no organismo por oxidación do estradiol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro europeo de astronautas creado pola ESA en 1990. Situado preto de Colonia, encárgase da selección e da formación de astronautas europeos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia colorante que se presenta en forma de pos, practicamente insolubles nos disolventes orgánicos.