"umbo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 24.

      1. Elemento metálico de número atómico 82 e peso atómico 207,2, que pertence ao grupo IVA da táboa periódica. Aínda que se atopa raramente en estado natural e é relativamente escaso, localízase en depósitos extensos, feito que facilita notablemente a súa explotación. O mineral máis importante do que se extrae é a galena (PbS). A obtención do metal ten lugar coa transformación dos minerais no óxido (PbO) e coa súa redución posterior con carbón. O refinado do metal efectúase mediante un proceso electrolítico. O metal ten unha cor branca azulada característica, con brillo metálico, e é moi brando, dúctil e maleable. É un mal condutor da electricidade pero un bo absorbente do son, das vibracións e, pola súa elevada densidade, da radiación γ. O chumbo natural está constituído por catro isótopos naturais estables, 204 Pb (1,48%), 206 Pb (23,6%), 207 Pb (22,6%) e 208 Pb (52,3%); tamén se coñecen 17 isótopos radioactivos. Malia o valor do seu potencial...

      2. acetato de chumbo(II) [Pb(CH 3 COO) 2 ]

        Sólido cristalino branco, soluble en auga e glicerol e pouco soluble en alcohol, que funde a 280°C. Forma un trihidrato, chamado azucre de chumbo, que se emprega na preparación de sales insolubles de chumbo, como mordente na tinguidura do algodón, como impermeabilizante, na manufactura de vernices, en medicina e como reactivo analítico.

      3. arseniato de chumbo(II) [Pb 3 (AsO 4 ) 2 ]

        Cristais brancos insolubles en auga que funden con descomposición a 1.042°C. Emprégase como insecticida.

      4. dióxido de chumbo [PbO 2 ]

        Sólido cristalino marrón, altamente oxidante, soluble en ácido acético e insoluble en auga, que funde con descomposición a 290°C. Emprégase como oxidante, mordente, reactivo analítico e acelerador de polimerizacións.

      5. nitrato de chumbo(II) [Pb(NO 3 ) 2 ]

        Cristal branco, moi tóxico e oxidante, soluble en auga e alcohol, que se descompón a 470°C. Emprégase na preparación doutros sales, como mordente, oxidante, na preparación de explosivos e como pigmento.

      6. óxido de chumbo(II)

        litarxirio.

      7. tetraacetato de chumbo [Pb(CH 3 COO) 4 ]

        Cristais incoloros ou dunha lixeira cor rosa, solubles en ácido acético quente, benceno e cloroformo, que funden a 175°C. Emprégase como oxidante selectivo en síntese orgánica.

    1. Peza de chumbo que se coloca nos aparellos de pesca para que se afundan.

    2. Bala dunha arma de fogo.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. figo chumbo.

    2. chumbeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á provincia circumboreal.

    2. Provincia bioxeográfica da rexión boreoalpina, no N das rexións eurosiberiana, norteamericana occidental e norteamericana oriental, entre a provincia ártica, no N, e o límite meridional da taiga, no S. O clima xeral é o bosque de aciculifolios ou taiga. Algúns autores tamén inclúen os pisos subalpinos de coníferas das montañas medioeuropeas e norteamericanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pombal de grandes dimensións no que se crían as pombas que participan nas competicións de columbofilia e que constitúe a meta que teñen que acadar para finalizar a proba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de criar pombas para potenciar as súas calidades naturais de orientación empregándoas como mensaxeiras. Dende a Antigüidade aproveitouse a súa capacidade de regresar ao niño para enviar mensaxes. Do uso bélico das pombas mensaxeiras hai testemuño nas primeiras grandes civilizacións do Crecente Fértil: mesopotámicos e exipcios precederon aos gregos e romanos na súa utilización, que se prolongou ata despois da Segunda Guerra Mundial. A súa importancia estratéxica era tan grande que para interceptalas, os exércitos inimigos utilizaron falcóns. Malia os avances das telecomunicacións, as pombas mensaxeiras continúan a empregarse para fins militares e civís; ademais, converteuse nunha disciplina deportiva practicada en todo o mundo. En 1894 creouse a Real Federación Española de Colombofilia. As competicións desenvólvense sempre deste xeito: os ovos incúbanse durante 17 días; unha semana despois do seu nacemento colócaselles un anel de identificación; aos 30 días trasládanse ao pombal de...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á columbofilia.

    2. Persoa afeccionada á cría e mellora das pombas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • bronce de chumbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación dunha bolsa serosa, situada nun lugar en que os tendóns pasan por riba das prominencias óseas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista, xeógrafo e astrónomo. Estudiou en Frankfurt, Berlín, Göttingen e Friburgo de Brisgovia. Viaxou por diversos países de Europa, do continente americano (Venezuela, Cuba, Colombia, Ecuador, Perú e México) e do continente asiático (Urais, Siberia, Altai e o Mar Caspio) Estas expedicións déronlle unha gran reputación ao redor do mundo. As súas acertadas observacións e as súas achegas científicas fixérono un dos grandes creadores da xeografía moderna, moi particularmente no ámbito da xeobotánica. Descubriu a corrente mariña que leva o seu nome. Tamén estudiou astronomía. A súa obra escrita é moi extensa, pero cómpre destacar a súa obra fundamental Kosmos (1845).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente mariña fría (entre 15 °C e 19 °C) do Océano Pacífico que circula paralela á costa occidental sudamericana ata achegarse ao ecuador, onde vira cara ao O para penetrar no Océano Pacífico. Leva en suspensión grandes cantidades de plancto e tamén de peixes, que á súa vez favorecen a existencia de inmensas colonias de aves mariñas que producen o guano que cobre as plataformas costeiras. Tamén é coñecida como corrente de Perú.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e filólogo alemán. Os seus estudios sobre literatura e antropoloxía levárono a relacionarse con Goethe e con outros poetas de Weimar. Participou na fundación da Universidade de Berlín, da que foi o primeiro reitor (1809-1810). Tamén asistiu ao Congreso de Viena (1814-1815) e colaborou na redacción dos tratados que puxeron fin ás guerras napoleónicas e na elaboración de distintos proxectos de carácter liberal. Despois de retirarse da vida política, dedicouse á investigación lingüístico-filosófica e á pedagoxía. Foi autor de manuscritos posteriormente editados como o Gesammelte Schriften.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Avión comercial de gran capacidade, especialmente o Boeing 747.

    2. Carretilla sobre carrís ou rodas que transporta un conxunto de martelos perforadores. Utilízase principalmente na perforación de túneles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dor que se inicia na parte lumbar e que se irradia polo territorio dun ou de todos os nervios ciáticos. Está provocado xeralmente por afeccións da rexión lumbar que lesionan os nervios raquídeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas acuáticas, da orde das ninfeais, que presenta follas peltadas, emerxentes e de cor verde, e flores pedunculadas, brancas ou amarelas. Coñécense dúas especies, N. nucifera, ou loto da India, orixinario de Asia, e N. lutea, propia de Norteamérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido dobre de ferro e chumbo, de fórmula PbO(Fe2O3)2, que cristaliza no sistema trigonal. Forma cristais pequenos, semellantes á mica, e ten un peso específico de 6,07 e unha dureza de 5.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao chumbo.

      2. Que contén chumbo.

    1. Aplícase aos compostos de chumbo en que este ten unha valencia ou número de oxidación de 2. OBS: É unha forma en desuso.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada unha das trinta e dúas partes iguais en que está dividida a rosa náutica ou rosa dos ventos.

      2. Ángulo formado pola dirección da proa dunha embarcación co meridiano xeográfico, co magnético ou co da agulla, denominados respectivamente, rumbo real, rumbo magnético e rumbo aparente. O rumbo real é igual ao rumbo aparente máis o abatemento ou corrección total, que é a suma da declinación magnética e da desviación. Denomínase rumbo directo ao rumbo resultante dos diferentes rumbos feitos durante o tempo do cálculo.

      3. Dirección que segue unha embarcación, unha corrente ou a marea.

      4. Orientación dunha construción ou dunha cousa estática, como un peirao ou unha costa.

      5. Buraco que atravesa de lado a lado a obra viva dunha embarcación, a proa ou a popa, cerca, respectivamente, da roda ou co codaste, polo que se pasa un cabo ou un cable na operación de varala ou de levala a terra.

    1. Ángulo que forma a dirección da proa dunha aeronave coa dirección N-S.

    2. Dirección na que se despraza algo ou alguén.

    3. Maneira de acturar ou de desenvolverse dunha persoa ou dun asunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Ourense a partir do 28 de febreiro de 1937. Cesou ese mesmo ano. Subtitulouse “Órgano de Falange Española de las J.O.N.S”. Dirixido por Bartolomé Mostaza e editado nos obradoiros tipográficos de La Zarpa, ofreceu noticias da formación falanxista, un parte oficial de guerra e discursos de Queipo de Llano, sempre cun carácter propagandista.

    VER O DETALLE DO TERMO