"urca" (Contén)

Mostrando 17 resultados de 17.

  • Expresión que serve para indicar un certo aire oriental que o autor quere dar a unha peza musical e no que esta debe ser interpretada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de bifurcarse.

    2. Punto no que algo (camiño, vía férrea, etc) se bifurca.

    3. No contexto das ecuacións non lineais, situación na que, para un valor crítico dun parámetro λ que nelas figura, cambia o número ou a estrutura das solucións. Este valor crítico de λ recibe o nome de punto de bifurcación. Os fenómenos de bifurcación teñen un papel importante nos casos de empenamento de barras ou placas delgadas, cambio de réxime no movemento dos fluídos e cinética das reaccións químicas, entre outros.

    4. Fenómeno lingüístico que provoca, por evolución histórica, que unha forma adquira dous ou máis sentidos diferentes. Xeralmente estes sentidos se relacionan, polo menos por oposición, como por exemplo loitar con eles (‘no seu favor’, ‘contra eles’). Loxicamente, a distancia pode ser maior ou, pola contra, moi imprecisa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de bifurcarse.

    2. Que ten forma de forca de dúas puntas.

      1. Aplícase á peza ou figura que ten algunhas ou todas as extremidades escindidas en dous ramais, formando unha recta ou unha curva.

      2. Aplícase ao rabo dun animal, xeralmente dun león, dividido en dúas borlas en aspa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dividirse algunha cousa en dúas ramas, brazos ou direccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de algas mariñas da clase das feofíceas. No Atlántico, en costas protexidas no litoral inferior, é común a especie B. bifurcata. Os talos son cilíndricos, de ata 30 cm de lonxitude e 4 mm de diámetro, de cor castaña clara e ramificados de xeito dicotómico nun único plano, con áxilas arredondadas; están rematados en receptáculos, máis anchos e de ata 8 cm de lonxitude, e adhírense ao substrato mediante pequenos discos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    Estado independente situado ao N da illa de Chipre, no Mediterráneo oriental, ao S de Turquía (3.355 km2; 198.215 h [1996]), proclamado o de 15 de novembro de 1983 logo de nove anos de ocupación militar turca. Non está recoñecido internacionalmente máis que por Turquía e forma parte legal da República de Chipre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado nos contrafortes occidentais de Sierra Nevada e drenada polo río Dúrcal (6.062 h [1996]). A agricultura (cereais e árbores froiteiras), a cría de gando lanar e as industrias alimentarias, son as principais fontes económicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mª de los Ángeles de las   Heras Ortiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apéndice dos insectos en forma de garfo, como o aparello quitinoide da probóscide dalgúns dípteros, o aparello caudal dos colémbolos, etc, que lles serve para saltar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito que en 1911-1912 enfrontou a Italia e Turquía, e rematou coa anexión de Tripolitania e a Cirenaica a Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Sim 1903 - Moscova 1960) Físico nuclear. Dirixiu as investigacións que levaron á fabricación da primeira bomba atómica da URSS e á primeira bomba termonuclear do mundo. Foi director do Instituto de Enerxía Atómica e académico de ciencias da URSS, estudiou as aplicacións pacíficas da enerxía nuclear, como por exemplo os reactores nucleares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ritmo de orixe polaca de metro ternario rápido e acentos moi marcados. Fíxose moi popular en Europa durante os ss XVIII e XIX e chegou a Galicia da man das bandas de música e dos grupos de gaitas tradicionais que o adaptaron á sonoridade e dixitación dos seus instrumentos.

    2. Música que acompaña este baile.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflitos armados que tiveron lugar ao longo dos ss XVII-XIX, que reflectiron a decadencia do Imperio Otomán e unha extensión progresiva das fronteiras rusas. A máis importante foi a iniciada en 1877, cando os turcos romperon o armisticio imposto polo Tsar Alexandre II ao final da Guerra Serboturca de 1876. Mentres os exércitos rusos emprendían a conquista de Armenia, un grande exército aliado composto por 250.000 soldados rusos e 60.000 romaneses envolveu as forzas turcas ás ordes de Abdülkerim. Detidos no seu avance pola resistencia dos turcos en Pleven, os rusos, comandados por Gurko, derrotaron os turcos e chegaron ás portas de Constantinopla. O Tratado de San Stefano (1878) consagrou o proxecto ruso de crear un grande estado búlgaro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dividirse en tres ramas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga embarcación de carga de orixe holandesa, de casco moi amplo e popa arredondada, cunha capacidade entre 60 e 200 t.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Coñecida como madame de Caylus, escribiu Mes Souvenirs (1770), sobre a Corte de Luís XIV de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO