chukchi
chukchi
-
adx
Relativo ou pertencente aos chukchis.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo dos chukchis.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo paleoasiático, de raza siberiana relacionado coa esquimó, establecido no extremo nororiental de Siberia, no territorio que constitúe actualmente o okrug autónomo dos Chukchis. Os grupos costeiros practican a pesca dos cetáceos, mentres que os do interior dedícanse á cría de renos. Son nómades, viven diseminados en pequenos grupos de réxime patriarcal e practican a endogamia e o levirato.
-
s
[LING]
Lingua do pobo chukchi que, xunto co koriak e co kamchadal, coas que está relacionada, pertence ás linguas paleosiberianas. De estrutura morfolóxica aglutinada, caracterizada pola polisíntese, ofrece dúas variantes dialectais correspondentes aos dous grupos tribais.