Chukchis

Chukchis

Okrug autónomo da oblast’ de Magadan, Rusia (737.700 km2; 83.500 h [estim 1999]). A capital é Anadyr (7.703 h [1970]). Esténdese dende o estreito de Bering ata a conca do río Kolyma, e dende o Océano Ártico ata o mar de Bering. De terreo montañoso, está ocupado por diversas serras, algunhas paralelas entre si, de dirección NO-SL. A vexetación é a tundra. Os mínimos recursos económicos fan que continúe moi pouco poboada. Os habitantes, de raza esquimó, viven da caza, da cría de renos e da pesca. Hai minas de lignito na capital.