churrigueresco -ca
(
-
adx
Relativo ou pertencente ao estilo churrigueresco.
-
estilo churrigueresco
[ARQUIT]
Estilo arquitectónico e decorativo desenvolto pola familia Churriguera a finais do s XVI e comezos do s XVII en España, e que tivo a súa continuidade en Hispanoamérica ata finais do s XVIII. O termo foi creado polos académicos do s XIX cun matiz despectivo ao considerala unha estética de mal gusto. De forma xenérica emprégase para referirse ao rococó na arquitectura española e o exceso de decoración. Ademais dos Churriguera, desenvolveron este estilo Narciso Tomé no Transparente da catedral de Toledo, Leonardo Figueroa no palacio de San Telmo de Sevilla, Francisco Hurtado no sagrario da catedral de Granada, Hipólito Rovira no palacio do Marqués de Dos Aguas en València e Jaime Bort na fachada da catedral de Murcia. A fachada do Obradoiro da catedral de Santiago de Compostela de Fernando de Casas Novoa pode considerarse, pola súa abundante decoración, unha mostra deste estilo.