2 churro -rra

2 churro -rra
  1. adx e s f [ZOOL]

    Aplícase á raza de ovellas, autóctona da Península Ibérica, que se caracteriza por ter unha la branca e suave en guedellas irregulares de pouca densidade, unha pel branca con manchas negras no fociño, arredor dos ollos, nas orellas e no extremo das patas, por non presentan cornos as femias e a maioría dos machos, e por non precisar de bos pastos para obter dela unha boa produción de leite. Durante moito tempo considerouse que a ovella galega pertencía ao grupo da raza churra. A súa cría esténdese polo extremo N da Península Ibérica.

  2. adx [TÉXT]

    Dise da la producida polas ovellas da raza churra.

  3. s f

    Especie de chaqueta que se usaba nas aldeas.