1 churro
1 churro
-
s
m
[ALIM]
Masa de fariña e auga disposta en tiras alongadas e acanaladas e fritida en abundante aceite moi quente de maneira que quede dourada e crocante. Sérvense azucrados. Nos ss XVIII e XIX empezaron a gozar de singular popularidade debido ao costume de consumilos co chocolate. Habituais nas feiras e verbenas de moitos lugares, gozan de especial tradición en Madrid. Consómense en almorzos e merendas, preferentemente quentes, acompañados con frecuencia dunha cunca de chocolate ou café con leite.
-
s
m
Especie de rizo que se fai no cabelo.
-
s
m
Espiga de millo aínda verde que se prepara asada.