Cirilo/Cirila

Cirilo/Cirila
[ONOM]

Prenome procedente do latín Cyrillus, e este do grego Kυριλλος, nome persoal testemuñado só en época cristiá que significa ‘divino ou do Señor’. Este adxectivo deriva, á súa vez, da voz grega κύριος -α   -ον   (‘que ten autoridade, señor, patrón’), que, coma Ciríaco, pasou xa na época cristiá a designar a Deus. A festividade de Cirilo de Xerusalén celébrase o 18 de marzo; a de Cirilo de Alexandría, o 27 de xuño, e a de Cirilo e Metodio, o 14 de febreiro. San Cirilo é titular dunha parroquia e a Igrexa ortodoxa celébrao o 6 de xuño.