Cirilo de Xerusalén, san
Cirilo de Xerusalén, san
(Xerusalén 315? - 386?) Bispo de Xerusalén (350) e doutor da Igrexa. Combateu o arianismo. Logo de ser nomeado bispo, foi deposto por un concilio de corenta bispos e sufriu tres exilios (357, 360 e 367); ata o ano 378 non recuperou a súa sé. Asistiu ao Concilio de Constantinopla (381) e defendeu a fe de Nicea. Compuxo unhas Catequeses, que se presentaron nun dobre libro; o primeiro recolle 18 homilías coresmais destinadas aos candidatos ao bautismo e o segundo 5 homilías para os novos bautizados. A súa festa celébrase o 18 de marzo