clave
(< lat clave ‘chave, pecho’)
-
-
s
f
Conxunto de signos ou sinais cun significado concreto que só coñecen certas persoas e é utilizado para certos fins, especialmente para enviar mensaxes secretas.
Ex: Mandámoslle unha mensaxe en clave.
-
s
f
Taboa que contén a correspondencia entre os signos dun escrito en clave e a escritura normal, e que serve para cifrar ou descifrar unha mensaxe.
Ex: Non descifraron a mensaxe porque non sabían as claves.
-
s
f
-
s
f
Combinación secreta de letras, cifras e signos que permiten acceder a un sistema ou poñer en funcionamento un aparato.
-
s
f
Aquilo que constitúe a explicación dunha cousa ou que permite comprendela.
Ex: Creo que a clave da vitoria estivo na inspiración do dianteiro.
Sinónimos: chave. -
s
f
Aquilo que é o máis importante, imprescindible ou do que depende todo o demais no asunto que se trata. OBS: Nesta acepción adoita construírse como aposición tras un substantivo e é invariable. Ex: As pezas clave nesta investigación inda están por chegar.
Ex: As pezas clave nesta investigación inda están por chegar.
-
s
f
[CONSTR]
Doela central que pecha un arco ou bóveda, co obxecto de lle dar estabilidade e permitir que se lle poida apartar a cimbra sobre a que se montou.
-
s
f
[MÚS]
Signo que se coloca ao principio do pentagrama e que determina a altura exacta das notas dentro da escala musical. Comezou a utilizarse no s XI nos manuscritos litúrxicos; para evitar as liñas adicionais, empregáronse nos ss XVI e XVII moitas posicións das claves nas diversas liñas do pentagrama. Os primeiros indicios dun sistema de claves cómpre buscalos no tratado Micrologus, do teórico musical Guido d’Arezzo (991?-1033?). Neste método de notación indicábase a altura das notas ao escribilas sobre liñas de cores. Posteriormente, comezaron a empregarse letras antepostas ás notas, alternadas coas cores, para deixar paso ás claves propiamente ditas. As letras máis comúns eran o F e o C, que se correspondían con fa e do, respectivamente; dende o s XV a letra G representaba a clave de sol. Actualmente, utilízanse sobre todo as claves de sol en segunda liña, de do en terceira e en cuarta, e de fa en cuarta. Cando se emprega unha clave correspondente a unha extensión de forza superior ou inferior á real, engádese un 8 debaixo ou encima desta clave para indicar que as notas deben executarse unha oitava máis grave ou máis aguda, respectivamente, de como son escritas. As partituras para frauta, violín, óboe, clarinete, trompeta, guitarra e saxofón, escríbense en clave de sol; as pezas cantadas polos tenores, sopranos, mezzosopranos e contraltos, así como as partes interpretadas pola man dereita da arpa, do piano e do órgano. A clave de fa en cuarta liña utilízase nas pezas da man esquerda da arpa, piano e órgano; nas pezas cantadas polos barítonos e baixos; e nas partituras dos instrumentos de rexistro grave (violoncello, trompas e contrabaixo). Finalmente, a clave de fa en cuarta liña resérvase para os sons agudos do fagot e semiagudos do trombón e do violoncelo.
-
s
m
[MÚS]
clavecín.
-
clave analítica/clave de determinación
[BIOL]
Método práctico para chegar á determinación de exemplares de seres vivos, é dicir, á identificación da especie ou, en xeral, do taxon ao que pertencen. Baséase na análise de caracteres morfolóxicos e tamén, nalgúns casos, de caracteres estruturais, fisiolóxicos e de comportamento, e na división progresiva do taxon inicial en subgrupos.