comprimido -da
(
-
p reg
de comprimir ou comprimirse.
-
adx
[BIOL]
Aplícase a calquera órgano ou animal que, pola forma, parece ter sufrido unha presión lateral.
-
s
m
[MED]
Forma farmacéutica obtida por compresión de granulados ou de pos. Elabóranse con prensas especiais e poden ter formas moi variadas segundo a forma dos punzóns e as matrices da prensa. Os máis correntes son cilíndricos coa base plana e cunha fenda que permite partilo facilmente en dous. Co fin de facer posible a compresión e facilitar o seu uso como medicamento, engádense outras substancias, denominadas excipientes, entre as que as máis importantes son os lubrificantes e os disgregantes. Para mellorar o aspecto externo e facilitar a deglución, pódense vernizar con lacas solubles ou non solubles no zume gástrico. Neste último caso denomínanse entéricos, porque non se desfán ata chegar ao duodeno. Tamén se pode recubrir a parte do granulado que forma a base do comprimido para obter os escalonados, que liberan o medicamento nun tempo preestablecido.
Ex: Díxolle ao médico que prefería que lle receitase comprimidos en lugar de xaropes.
Sinónimos: pastilla, pílula. Confrontacións: cápsula.