Comunidades Europeas

Comunidades Europeas

Conxunto de organizacións creadas entre os países de Europa para acadar a integración progresiva das súas economías. Especialmente, alúdese ás Comunidades Europeas a partir de 1965 (con efectividade desde 1967), cando se crearon unhas institucións comúns entre a Comunidade Económica Europea, a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro e a Comunidade Europea de Enerxía Atómica. Os estados membros iniciais foron Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo, a República Federal de Alemaña e os Países Baixos; posteriormente, integráronse outros estados europeos. Desde a entrada en vigor da Unión Europea (1993), as Comunidades Europeas constitúen un dos seus piares.