Comunión Tradicionalista
Comunión Tradicionalista
Partido carlista que, durante a Segunda República, agrupaba as tendencias ortodoxa, integrista e tradicionalista do carlismo. Desenvolveu diversas estratexias políticas, entre elas, formar un grupo no Congreso cos nacionalistas vascos, aínda que tiñan proxectos políticos opostos, crear a coalición política TYRE (Tradicionalistas y Renovación Española) co partido monárquico afonsino Renovación Española, e, finalmente, achegarse ás posturas cercanas ao derrocamento da República. Durante a Guerra Civil organizou os requetés en Navarra e Catalunya, e en 1937 foi un dos integrantes de Falange Española Tradicionalista y de las JONS.