1 concerto
(
-
s
m
Acción e efecto de concertar ou concertarse.
-
s
m
Harmonía de cousas dispostas ordenadamente para un fin.
Ex: O concerto que imperaba na zona contribuía ó entendemento.
-
s
m
Acordo entre diversas persoas xurídicas cunha finalidade común. Na tradición popular recóllese o seguinte refrán: “Máis vale un mal concerto que un bo preito”.
Ex: O alcalde fixo un concerto con varias empresas para axilizar as obras da cidade.
Confrontacións: convenio. -
[DER]
-
s
m
Modalidade do contrato administrativo de xestión de servicios públicos, polo que se encomenda esta xestión a unha persoa natural ou xurídica que realiza prestacións análogas a este servicio.
-
concerto de delictos
Circunstancia producida cando dous feitos delitivos orixinados por dúas ou máis persoas en distintos lugares poden considerarse delitos conexos.
-
concerto directo
Modalidade de contratación administrativa pola que a administración contrataba directamente co empresario que máis lle compracía. Dende 1995, o procedemento negociado de adxudicación dos contratos substituíu este tipo de contratación e esíxelle á administración negociar, como mínimo, con tres licitadores.
-
concerto económico-administrativo
En España, convenio sobre materia tributaria entre o ministerio de Facenda e determinadas autonomías ou provincias que gozan dun réxime fiscal especial. O goberno recibe unha cantidade fixa e global en concepto de impostos directos e as autoridades locais teñen facultades para recadar a contribución. Euskadi e Nafarroa gozan deste tipo de concerto, que no caso navarro recibe o nome de convenio.
-
concerto para a prestación de servicios
Forma de xestión indirecta dos servicios públicos na que se contrata a prestación dos servicios con outras entidades públicas ou privadas. É característica das corporacións locais.
-
s
m
-
[MÚS]
-
s
m
Audición pública ou privada de obras musicais da que se atopan precedentes remotos nas representacións musicais dos gregos e romanos e nas representacións dramáticas medievais. Os primeiros concertos, precursores do concerto moderno, tiñan lugar nas academias italianas, na actividade dos Collegia musica (Bohemia, 1610; Suíza, 1613; Alemaña, 1660; e Suecia, 1720) e das capelas de música que crearon reunións vespertinas musicais, como os Abendmusik de Lübeck, a partir de 1641. En Inglaterra, os concertos comezaron a finais do s XVII, xeralmente nas casas señoriais que abriron os seus salóns ao público nos chamados consorts; os máis importantes foron os organizados por John Banister desde 1672 e por Thomas Britton, quen creou os Clerkenwell concerts en 1768. Tamén en Londres se realizaban concertos en xardíns, como os Bach-Abel concerts (1765) ou os Concert of Ancien Music (1776). En Francia, a Académie de Poésie et de Musique, cofundada polo poeta Jean-Antoine de Baïf, organizou concertos que se celebraron conxuntamente cos da corte e os salóns aristocráticos. Tamén foi moi relevante a serie de concertos Concerts Spirituel, organizada en 1725 en París por Anne Danican Philidor, que se constituíron no centro da actividade concertística de París ata a Revolución. O concerto tivo unha vida regular a partir do s XVIII en numerosos países occidentais e experimentou un gran desenvolvemento na época industrial. En Alemaña, os concertos empezaron a ser habituais no s XVIII en Hamburgo, Francfurt e Leipzig; en Norteamérica, o primeiro concerto foi en Boston en 1731. No s XIX foron especialmente relevantes os concertos organizados pola Gesellschaft der Musikfreunde de Viena (1801), os da Philharmonic Society de Londres (1813) e os da Société des Concerts du Conservatoire de París (1828); cara ao final do s XIX naceron os Promenade Concerts de Londres, coñecidos como Proms, unha iniciativa musical que intenta facer do concerto clásico un espectáculo popular. Dende o momento en que houbo unha demanda de música por parte dun público cada vez máis interesado, empezaron a proliferar as salas de concerto. Do s XVII datan as primeiras salas, inicialmente lugares de representacións de ópera, entre as que destacan a Académie de Musique de París e a Ópera de Hamburgo. A música instrumental tivo que agardar ata finais do s XVIII e principios do s XIX para introducirse nas salas. En 1732 inaugurouse o Covent Gardent de Londres, sala que se convertería en centro musical no s XVIII; neste mesmo século, apareceron o Teatro San Carlo de Nápoles, o Teatro de La Scala de Milán e o Teatro La Fenice de Venecia; no s XIX construíronse o Teatro Bolshoi de Moscova, o Gran Teatro do Liceu de Barcelona, o Teatro Real de Madrid, o Teatro Colón de Bos Aires, o Teatro de la Zarzuela, a Ópera de París, e o Metropolitan Opera House e o Carnegie Hall de Nova York. Entre as salas de concertos inauguradas no s XX destacan, entre outras, o Palau de la Música Catalana de Barcelona, o Royal Festival Hall de Londres, a Avery Fisher Hall de Nova York e o Metropolitan Festival Hall de Toquio. En Galicia son de recoñecido prestixio o Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, o Teatro García Barbón de Vigo, e o Palacio de Congresos e o Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
-
s
m
Acorde de diferentes voces ou de diferentes instrumentos musicais.
-
s
m
Conxunto de voces ou sons simultáneos.
-
concerto solista
Concerto característico da música barroca no que a formación do concertino está reducida a un só instrumento. Na execución da función solista sobresaen, entre outros instrumentos, o violín e a frauta. Entre os compositores que cultivaron este xénero destacan Guiseppe Torelli, Johann Sebastian Bach, Haendel ou Johann Gottlieb Goldberg.
-
s
m