concesión
(< lat concessiōne)
-
s
f
Acción e efecto de conceder.
Ex: A concesión do premio encheuno de ledicia.
Confrontacións: outorgamento. -
s
f
Aquilo que se concede.
Ex: Xa me ingresaron a concesión da bolsa de estudios.
-
s
f
Acción de ceder ante unha idea, postura ou actitude previamente asumida.
Ex: Fixeron unha nova concesión respecto do proxecto inicial debido ó seu estado.
-
-
s
f
Contrato polo que a administración ou un particular lle cede a outra persoa o dereito de explotación dun servicio público ou doutro tipo de servicio.
Ex: A concesión do transporte municipal segue sen resolverse.
-
concesión administrativa
[DER]
Modalidade do contrato administrativo de xestión de servicios públicos pola que o empresario xestiona o servizo asumindo os seus riscos. Como prestación económica ten o beneficio obtido polos resultados financeiros da explotación.
-
concesión comercial
[DER]
Contrato polo que un empresario (concesionario) se compromete a comercializar nos seus establecementos os produtos doutro empresario industrial ou comercial (concedente) nunhas condicións determinadas e por un tempo concreto ou indefinido. O concesionario mantén o dereito en exclusiva da revenda dos produtos do concedente. Se o contrato inclúe a exclusiva de marca e a asistencia técnica do produto recibe o nome de franchising ou contrato de franquicia.
-
concesión demanial
[DER]
Negocio xurídico polo que se outorga a un particular o dereito de uso privativo ou o uso anormal do dominio público.
-
concesión de obras públicas
[DER]
Contrato administrativo polo que a administración encarga a realización dunha obra pública a outra persoa á que lle ofrece como compensación económica a explotación do uso da obra pública. Pode engadir ou non unha achega económica en forma de subvención.
-
concesión internacional
[DER]
Convenio internacional polo que un estado cede a outro o exercicio efectivo da soberanía sobre unha parte do seu territorio, aínda que conserva a soberanía teórica, por un tempo determinado e a cambio dun canon. Normalmente, o estado cesionario ten o dereito de establecer e desenvolver a súa actividade comercial baixo a protección da propia autoridade. Esta figura caeu en desuso.
-
s
f