concerto grosso*

concerto grosso*
s m [MÚS]

Forma musical característica do período barroco na que un grupo de instrumentos (concertino) rivaliza coa masa orquestral (concerto grosso, ripieno ou tutti). A Sonate di viole, de Alessandro Stradella (1644-1682), parece ser o primeiro concerto grosso coñecido. Entre os compositores que traballaron este tipo de concerto destacan, entre outros, Corelli, Torelli, Gemianini, Castruci, Sammartini ou Haendel. No s XX experimentou unha recuperación da man de compositores como Ernest Bloch (1880-1959) ou Paul Hindemith (1895-1963).

Palabras veciñas

concertista | concertístico -ca | 1 concerto | concerto grosso* | 2 concerto* | concesión | concesionario -ria