Conselho da Revolução
Conselho da Revolução
Órgano de representación do Movimento das Forças Armadas portuguesas, que organizou o golpe de Estado do 25 de abril de 1974. Estaba formado polo presidente da República, ao que se sumaron baixo a súa dirección os xefes do Estado maior, o primeiro ministro e catorce oficiais. As súas funcións incluían a converxencia da Junta de Salvação Nacional e do Conselho de Estado, e acometer as reformas estruturais necesarias na economía portuguesa como a reforma agraria, a nacionalización das industrias ou o proceso descolonizador. Repartiu os seus poderes co VI Governo Provisório a partir do 25 de novembro de 1975, e pola Constituição de 1976 recibiu un gran número de funcións, que non chegou a desenvolver. Desapareceu en 1982.