continencia

continencia

(< lat continentĭa)

  1. s f Antónimos: incontinencia.
    1. Acción e efecto de conterse ou manter dentro duns límites prudentes a satisfacción dos praceres.

      Ex: A Igrexa católica recomenda continencia.

      Antónimos: incontinencia. Confrontacións: comedimento, moderación.
    2. Abstinencia sexual.

      Ex: Os cregos deben practicar a continencia.

      Antónimos: incontinencia. Confrontacións: castidade.
  2. s f Antónimos: incontinencia.
    1. Capacidade de retención.

      Antónimos: incontinencia.
    2. [FISIOL]

      Estado dun esfínter que funciona con normalidade.

      Antónimos: incontinencia.
  3. continencia da causa [DER]

    Principio de unidade que debe rexer en todo procedemento entre os seus elementos persoais, materiais e causais para que poida resolverse nunha mesma sentencia e que, no caso de seguirse de xeito separado, poidan procesarse de acordo cos principios de celeridade e economía procesal.