coordinación
(
-
s
f
Acción e efecto de coordinar.
Ex: Realiza un importante labor de coordinación dentro do equipo.
-
s
f
[LING]
Construción que se obtén ao unir, de forma concatenada, dous ou máis elementos dun mesmo nivel gramatical, de forma que a construción resultante sexa do mesmo nivel ca os elementos iniciais e ningún destes elementos predomine sobre os outros. Os elementos así relacionados denomínanse coordinados e a conxunción que serve de enlace, coordinante. Gramaticalmente, os elementos coordinados poden ir xustapostos ou unidos por conxuncións coordinadas. O primeiro caso, a xustaposición, caracterízase pola ausencia de coordinante (
Ex: Chegou, comeu, durmiu. Unha auga clara, limpa, brillante. Uns veñen, outros van). O segundo caso distingue varios tipos de coordinación: copulativa (Ex: María foi ao Bierzo e Froilán non sei ónde está. O libro está ben e gocei coa súa lectura. Homes e mais mulleres xuntáronse na praza); adversativa (Ex: Tomei o café, pero non quixen o bolo. Non é un amigo, senón un aproveitado); disxuntiva (Ex: Non hai luz ou fundiuse a lámpada); e distributiva (Ex: Ou saes ou entras. Ora di que vai ora di que non).
-
[QUÍM]
-
s
f
Formación dun enlace químico entre un elemento, un ión ou un composto de natureza electrófila (receptor de parellas de electróns, a causa, por exemplo, de conter orbitais de valencia vacantes) e un ión ou molécula nucleófila (doador de parellas electrónicas). Segundo a teoría electrónica da valencia, o enlace coordinado diferénciase do covalente normal só no feito de que os dous electróns que o constitúen proceden unicamente dun dos dous átomos que se enlazan. Malia iso, a interpretación teórica desta unión, ou coordinación, non chegou a ser satisfactoria ata o desenvolvemento da teoría xeral dos orbitais moleculares.
-
número de coordinación/índice de coordinación
Nun composto de coordinación, número de átomos ou de grupos de átomos que se enlazan directamente co átomo central do composto. Os números de coordinación e as diversas distribucións xeométricas dos grupos coordinados ao redor do átomo central poden estudiarse co uso da difracción de raios X.
-
s
f
-
s
f
[FISIOL]
Proceso de integración da información sensorial recibida para producir unha resposta axeitada, controlado polo cerebelo.
-
s
f
[EDUC]
Ordenación dos diversos elementos materiais, persoais, formais e organizativos que conforman as actividades a nivel de centro, coa finalidade de acadar os obxectivos marcados coa máxima economía. Cómpre realizar a coordinación entre os diversos niveis de ensino co fin de que exista unha continuidade nas ensinanzas como, por exemplo, en Galicia os pasos dos distintos niveis van de Educación Infantil, a Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) (ensino obrigatorio), e desta a Bacharelato ou Ciclos Formativos (ensino postobrigatorio).
-
coordinación administrativa
[DER]
Principio xeral de relación entre os órganos da administración pública que non están relacionados xerarquicamente entre si, para conseguir unha actuación conxunta harmónica.
-
coordinación xeral
[DER]
Función reservada para o Estado, en relación con algunhas materias sobre as que a Constitución e os estatutos establecen o reparto de competencias entre este e as comunidades autónomas.