1 cordeiro -ra
1 cordeiro -ra
(
-
s
Persoa que fabrica ou vende cordas. Pertence a unha caste de itinerantes que fai e vende cordas nas feiras e romarías. Para atender moitos dos encargos mercaba a materia prima, como a estopa do liño, do cánabo e, especialmente, as sedas de rabo de vaca e crina de cabalo na rapa das bestas que se realizaba no verán. Facía tamén cordel para redes e trampas de pesca de río e, ás veces, recibía encargos para a realización de xergóns. Desprazábanse ata Extremadura, Andalucía e Portugal.
Ex: Os cordeiros sábenche facer uns nós moi aquelados.
-
cordeiro de cánabo
Mestre cordeiro que traballaba esencialmente con cánabo. A súa produción destinábase principalmente a cordas de barcos.