2 cordeiro -ra

2 cordeiro -ra

(< lat v *cordarĭu, de cordu ‘tardío,serodio’)

  1. s

    Cría da ovella ata a idade dun ano.

    Ex: O cordeiro naceu pola noite e á mañá xa estaba de pé.

    Sinónimos: roxelo.
  2. [ALIM]
    1. s m

      Carne de cordeiro de menos de catro meses cun peso de ata 13 kg. En Meira (Moaña) celébrase desde 1990 a festa do Cordeiro ao espeto, asado á maneira crioula, e en Poio hai tradición de celebrar unha festa do Cordeiro o día de san Xoán.

    2. cordeiro leitón

      Carne de cordeiro de menos dun mes e medio, cun peso de ata 8 kg.

  3. s m

    Pel de cordeiro.

  4. s m

    Persoa de carácter pacífico, dócil e humilde.

    Ex: Era tan boa como un cordeiriño.

  5. s m [HERÁLD]

    año.

  6. cordeiro de Deus [RELIX]

    año de Deus

  7. cordeiro de praia [PLANTA]

    Planta perenne de ata 40 cm de altura e con capítulos de pequenas flores amarelas dispostos en corimbos. Propia de dunas e praias, está totalmente recuberta dunha lanuxe branca que a protexe das duras condicións, como a alta insolación, a desecación ou a acción abrasiva do vento cargado de area. Tamén se coñece como carrasca de san Xoán.

  8. cordeiro pascual [RELIX]

    año pascual