correa

correa

(< lat corrĭgĭa)

  1. s f

    Tira ou banda de coiro ou doutro material flexible que se emprega para diferentes usos, especialmente para suxeitar ou atar.

    Ex: Fixo tanta forza que lle rompeu a correa ó mallo. Atou a carga do tractor coas correas. Púxenlle unha correa verde ó reloxo.

    1. s f

      Tira de coiro, caucho ou outro material que se une polos seus extremos e xira ao redor de diversas poleas para transmitir un movemento ou transportar materiais.

    2. correa de transmisión [IND/FÍS]

      Órgano de transmisión da potencia entre dous eixes afastados que proporciona unha unión flexible e económica. Consiste nunha fita continua de sección rectangular, trapecial ou redonda que rodea dúas poleas. As correas de sección rectangular, denominadas planas, poden ser lisas, estriadas ou dentadas, segundo conveña polo nivel de adherencia requirido. Antigamente facíanse de coiro, cos extremos cosidos ou remachados, pero, con posterioridade, comezaron a facerse a partir de elastómeros, dunha soa peza. As correas trapeciais, feitas de caucho, levan un reforzo interior de tecido de algodón e fíos de nailon ou de aceiro.

  2. s f [PROTISTA]

    correola.

  3. s f [ARQUIT]

    igueta colocada horizontalmente e apoiada sobre dúas estadas ou trabes, que serve ao mesmo tempo de soporte para os cangos e coa que se pode formar a cuberta ou o faiado.

  4. s f

    Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cinto’.

Frases feitas

  • Ter (boa, moita, etc) correa 1 Ter paciencia para aturar bromas de todo tipo.

  • 2 Ter moita resistencia.