correntómetro

correntómetro

(< corrente + -metro)

s m [METROL]

Aparello para medir a velocidade e a dirección das correntes. O funcionamento dos máis simples baséase na combinación dunha hélice para medir a velocidade e unha peza móbil que orienta o aparello na dirección da corrente e que vai referido a un indicador magnético. Tamén os hai de funcionamento electromagnético. Poden ir combinados con radiotransmisores que permiten comunicar os datos obtidos.

Palabras veciñas

Corrente | correntear | correntodo | correntómetro | correo | Correo da Unesco, O | Correo de Celanova, El