coutar

coutar

(

  1. v t

    Delimitar un terreo con marcas para indicar que o seu uso está reservado.

    Ex: Coutaron a propiedade e colocaron un cartel que veda a caza. Foron coutar o monte para ir comer alí o día da festa.

    Sinónimos: acoutar.
  2. v t

    Pechar unha porta asegurándoa cunha tranca.

    Ex: Ante o ataque do inimigo coutaron as portas da cidade.

    Sinónimos: atrancar.
  3. v t

    Impedir que se realice unha acción.

    Ex: A falta de diñeiro couta a finalización de todo o proxecto.

  4. v t

    Deter o curso dun fluído, especialmente do sangue.

    Ex: Coutáronlle a hemorraxia cun torniquete.

  5. v t

    Agarrar algo ou a alguén para impedir que se mova.

    Ex: Coutárono entre dous porque xa se ía meter noutra pelexa.

  6. v t

    Reprimir os desexos ou as inquietudes de alguén.

    Ex: Debería coutar algo o rapaz máis novo porque ten moito vicio.

  7. v t

    Curar unha doenza con esconxuros.

    Ex: O curandeiro coutoulle o mal do aire.

  8. v pron

    Evitar que se manifeste un sentimento ou estado de ánimo, particularmente cando é violento.

    Ex: Queríalle berrar, pero conseguimos que se coutase.

Conxugar
VERBO coutar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
couto
coutas
couta
coutamos
coutades
coutan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coutaba
coutabas
coutaba
coutabamos
coutabades
coutaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coutei
coutaches
coutou
coutamos
coutastes
coutaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coutara
coutaras
coutara
coutaramos
coutarades
coutaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coutarei
coutarás
coutará
coutaremos
coutaredes
coutarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coutaría
coutarías
coutaría
coutariamos
coutariades
coutarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coute
coutes
coute
coutemos
coutedes
couten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coutase
coutases
coutase
coutasemos
coutasedes
coutasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coutar
coutares
coutar
coutarmos
coutardes
coutaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
couta
-
-
coutade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coutar
coutares
coutar
coutarmos
coutardes
coutaren
Xerundio coutando
Participio coutado
coutada
coutados
coutadas