Criteis

Criteis
[MIT]

Ninfa de Asia Menor. Unha lenda conta que froito da súa relación co río Meles, preto de Esmirna, enxendrou o poeta Homero, para xustificar o epíteto aplicado ao poeta Melesíxenes ‘nado no Meles’. Outra versión di que o seu pai, Apeles, ao morrer deulla a seu irmán Meón para que se ocupase dela, pero Criteis non tardou en marchar cun mozo de Esmirna, Femio, e tivo a Homero no río. Outra lenda di que foi unha rapaza de Io, amante dun xenio do cortexo das musas que, secuestrada por uns piratas, foi conducida a Esmirna onde casou co rei de Lidia, Meón; tivo a Homero á beira do Meles e morreu no parto.