criterio
criterio
(< grκριτήριον, deκρίνω ‘xulgar’)
-
s
m
Norma que serve para xulgar unha cousa.
Ex: Seleccionaron todos os traballadores cos mesmos criterios.
- s m
-
criterio de verdade
[FILOS]
Conxunto de condicións que esixen o recoñecemento de algo como verdadeiro. É distinto do obxecto de coñecemento e da facultade cognoscitiva. Analizouse en relación co problema da verdade e en relación co grao de veracidade das fontes do coñecemento. O criterio de verdade variou segundo se adoptase o idealismo ou o realismo gnoseolóxico para analizar o coñecemento. Désiré Mercier afirmou que se trataba da proba pola que se distinguía a verdade e o erro.