Cuicuilco
Cuicuilco
Centro arqueolóxico ao S de Ciudad de México, onde está a cidade universitaria. Cómpre salientar unha falsa pirámide de base circular, de 135 m de diámetro, arredor da que se localizaron diversas sepulturas. Corresponde á cultura arcaica (aproximadamente 600 a C) e foi sepultada pola lava do volcán Xitle.