darśana

darśana
s m [FILOS]

Conxunto dos sete sistemas filosóficos máis importantes do brahmanismo, coñecidos cos nomes de Nyaya, Vaiśe ṣ ika, Sāmkhya, Yoga, Pūrva, Mīmāmsā i Uttara Mīmāmsā ou Vedānta. A aceptación da autoridade espiritual dos Vedas foi o que constituíu cada darśana en sistemas ortodoxos (astika) e os separou dos heterodoxos (nāstika), como o budismo e o jainismo, ou do materialismo (lokāyata).

Palabras veciñas

Darrieux, Danielle | Darriva | Darro | darśana | Darse Sobrino, Xosé | dársena | Dársena