Día das Letras

Día das Letras
[PUBLIC]

Suplemento que apareceu o 17 de maio de 1982 en Santiago de Compostela. Editado polo propio Concello e coordinado pola Asociación de Creadores Plásticos Composteláns, incluíuse na tiraxe ordinaria de El Correo Gallego. Nel inseríronse novas relacionadas coas actividades do Día das Letras, no que se homenaxeaba a figura de Luís Amado Carballo. Contou coa colaboración literaria de, entre outros, Ramiro Fonte, Xosé M. Beiras, Carlos Almuíña, María X. Queizán e Luís Álvarez Pousa. Nos debuxos e nas ilustracións participaron Pepe Barro, Xulio Maside, Alberte Permui, Xaime Cabanas e outros.

Palabras veciñas

Di-l-nūn | día | día | Día das Letras | Día das Letras Galegas | Día de Fiesta, El | Día de Galicia