Día das Letras Galegas
Data consagrada á exaltación das letras e a lingua galegas instituída pola Real Academia Galega. A referencia cronolóxica para este evento foi a celebración do centenario da publicación do libro Cantares Gallegos (1863) de Rosalía de Castro, por ser a obra que impulsou o renacemento da literatura galega contemporánea. A iniciativa partiu de Manuel Gómez Román, Francisco Fernández del Riego e Xesús Ferro Couselo, que presentaron un escrito á corporación académica o 20 de marzo de 1963. Pedíase a perdurabilidade da conmemoración e o seu carácter anual, e un día oficial para homenaxear os autores e os libros en galego. Nunha xunta xeral a Academia resolveu o 28 de abril, por unanimidade, aprobar esta proposta e declarar Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano, data que coincide co día da dedicatoria por parte de Rosalía de Cantares Gallegos á tamén escritora Fernán Caballero. Dende entón, dedícase anualmente a unha figura relevante dentro das letras e cultura galegas. O festexo acompáñase de numerosos actos culturais en toda Galicia nos que se honra o persoeiro homenaxeado e a súa obra. Dende o ano 1991 esta data é festividade oficial en toda Galicia (DOG nº 191/28.9.1990)
Persoaxes homenaxeadas no día das letras galegas 1963 - Rosalía de Castro
1964 - Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
1965 - Eduardo Pondal
1966 - Francisco Añón
1967 - Manuel Curros Enríquez
1968 - Florentino López Cuevillas
1969 - Antonio Noriega Varela
1970 - Marcial Valladares Núñez
1971 - Gonzalo López Abente
1972 - Valentín Lamas Carvajal
1973 - Manuel Lago González
1974 - Xoán Vicente Viqueira Cortón
1975 - Xoán Manuel Pintos Villar
1976 - Ramón Cabanillas
1977 - Antón Villar Ponte
1978 - Antonio López Ferreiro
1979 - Manuel Antonio
1980 - Alfonso X el Sabio
1981 - Vicente Risco
1982 - Luis Amado Carballo
1983 - Manuel Leiras Pulpeiro
1984 - Armando Cotarelo Valledor
1985 - Antón Losada Diéguez
1986 - Aquilino Iglesia Alvariño 1987 - Francisca Herrera Garrido
1988 - Ramón Otero Pedrayo
1989 - Celso Emilio Ferreiro
1990 - Luis Pimentel
1991 - Álvaro Cunqueiro
1992 - Fermín Bouza Brey
1993 - Eduardo Blanco Amor
1994 - Luis Seoane
1995 - Rafael Dieste
1996 - Xesús Ferro Couselo
1997 - Ánxel Fole
1998 - Xoán de Cangas, Martín Códax y Mendinho
1999 - Roberto Blanco Torres
2000 - Manuel Murguía
2001 - Eladio Rodríguez
2002 - Fray Martín Sarmiento
2003 - Antón Avilés de Taramancos
2004 - Xaquín Lorenzo Fernández, Xocas
2005 - Lorenzo Varela
2006 - Manuel Lugrís Freire
2007 - María Mariño
2008 - Xosé María Álvarez Blázquez
2009 - Ramón Piñeiro López
2010 - Uxío Novoneyra
2011 - Lois Pereiro
Prema sobre calquera nome para ver a súa entrada na EGU.