Ditamnus
Ditamnus
[PLANTA]
Xénero de herbáceas recendentes, da familia das rutáceas, de ata 80 cm de altura. Presentan follas pinnaticompostas, cos foliolos ovados de bordo serrado, e flores zigomorfas de cor rosada ou branca. Teñen un uso medicinal como hipotensores, dixestivos e abortivos. Na Península Ibérica están presentes, D. albus e D. hispanus, na metade oriental.