ditame

ditame

(< lat tardío dictāmen)

    1. s m

      Xuízo ou opinión que se emite sobre un asunto.

      Ex: Gracias ó ditame favorable do xurado conseguiu entrar na final do concurso.

    2. s m [DER]

      Opinión escrita e motivada que emite un facultativo sobre un asunto da súa especialidade e, especialmente, a que realiza un avogado ou xurisconsulto sobre unha cuestión de dereito ou de procedemento. Se o escrito se limita a unha exposición de feitos ou de situacións recibe o nome de informe.

    3. dictame pericial [DER]

      Informe no que un perito achega ao proceso os seus coñecementos técnicos, científicos, artísticos ou prácticos cos que o xuíz pode apreciar os feitos obxecto de debate, que xa quedaran probados por outros medios. A valoración que se faga do ditame pericial é discrecional por parte do xuíz ou tribunal. A función pericial é obxecto de remuneración económica.

  1. s m

    Aquilo que a consciencia, a razón ou un sentimento ditan ao ser humano. OBS: Emprégase xeralmente en plural.

    Ex: Decidiu seguir os ditames da súa consciencia, aínda que non o levaran por bo camiño.

  2. s m [DER]

    Resolución dada polo Tribunal Internacional de Xustiza a cuestións relativas a un tema de dereito internacional formuladas por un órgano das Nacións Unidas ou por unha institución especializada de dereito internacional.

  3. ditame comunitario [DER]

    Acto normativo da Unión Europea, de natureza non vinculante, que expresa un xuízo ou unha valoración das institucións comunitarias a iniciativa dun terceiro. Utilízase para promover a colaboración entre os estados en materia social.

  4. ditame conforme [DER]

    Forma de participación do Parlamento Europeo no proceso comunitario de toma de decisións, que introduciu en 1986 a Acta Única Europea e ampliou en 1992 o Tratado de Maastricht. Consiste na posibilidade da cámara comunitaria de bloquear os tratados internos ou de adhesión de novos membros á Unión Europea. Tamén se utiliza para desenvolver un sistema electoral uniforme nas eleccións ao Parlamento, para conseguir a libre circulación de persoas e favorecer a cohesión económica e social entre os estados.