Diputación Provincial de Villafranca del Bierzo

Diputación Provincial de Villafranca del Bierzo

Institución creada para o goberno da provincia de Villafranca del Bierzo (que integraba territorios das comarcas do Bierzo, Laciana e Valdeorras), proclamada polas Cortes españolas o 15 de outubro de 1821. Estableceu a súa sede no antigo convento da Compañía de Xesús (expulsada de España en 1767 e 1820), en Villafranca del Bierzo. Incluía representantes dos catro partidos nos que se dividiu a provincia (O Barco de Valdeorras, Ponferrada, Toreno e Villafranca del Bierzo). A entrada no Bierzo do exército expedicionario enviado pola Santa Alianza (Os Cen Mil Fillos de San Luís), significou a súa disolución na práctica en xullo de 1823, que se consumou legalmente coa derrogación da Constitución por decreto do Rei Fernando VII en novembro dese ano.

Palabras veciñas

Dipus | Diputación Provincial de Galicia | Diputación Provincial de Vigo | Diputación Provincial de Villafranca del Bierzo | Dipylidium | diquat | 1 dique