Dipylidium

Dipylidium

Xénero de tenias ao que pertence a especie D. caninum. Para completar o seu ciclo vital ten como hospedeiro intermediario as pulgas e piollos, e como hospedeiro definitivo a certos mamíferos, especialmente os cans e, accidentalmente, o home. O escólex é romboidal e presenta catro ventosas e tres ou catro ringleiras de ganchos, e a estróbila está formada por proglótides de bordos convexos, que son máis longos ca anchos. Cada proglótide posúe dous poros xenitais. Os ovos aparecen agrupados en cápsulas ovíxeras que conteñen entre 3 e 40 unidades.