dote

dote

(

  1. s m
    1. [DER]

      Conxunto de bens que lle daba unha muller ao home cando contraían matrimonio, e os que durante o matrimonio esta adquiría por herdanza, legado ou doazón. Este costume aboliuse en España en 1981. En caso de disolución do matrimonio, o dote debíalle ser restituído á muller ou aos seus herdeiros.

    2. [RELIX]

      Patrimonio que a familia dun profeso entregaba á orde ao ingresar nela.

  2. s m

    Calidade ou aptitude dunha persoa. OBS: Emprégase xeralmente en plural.

    Ex: O mellor dote que ten para o canto é o timbre da súa voz. Os seus extraordinarios dotes artísticos fixeron que triunfara en pouco tempo.