elbaíta
elbaíta
(< topónimo Elba)
s
f
[MINERAL]
Turmalina de litio, de fórmula Na(Li,Al)3Al6 (BO3)3Si6O18(OH)4. Cristaliza no sistema hexagonal e preséntase en cristais prismáticos columnares ou aciculares. Ten unha dureza de 7-7,5. De orixe hidrotermal, localízase en granitos e gneises. Segundo a coloración, distínguese entre: verdelita, de cor verde; rubelita, de cor avermellada; e indigolita, de cor azul. Ten propiedades piezoeléctricas, polo que se emprega na fabricación de calibradores de presión.